Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas rexistrou 10 casos novos de coronavirus antes do brote importado á Coruña
O número total de persoas afectadas polo brote da Mariña sería agora de 246, con 161 delas xa de alta
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia reduciu a súa mobilidade por debaixo da media estatal durante o confinamento
A porcentaxe de persoas que nun día calquera saían da súa área pasou en Galicia do 26,3% (valor medido en novembro do pasado ano) a pouco máis do 10% ao longo de marzo, incrementándose progresivamente ao longo do proceso de desescalada e sempre por riba da media española, especialmente na provincia de Pontevedra
O Fuenlabrada de fútbol trae consigo á Coruña un brote de coronavirus
O Fuenlabrada viaxou a Galicia tras deixar illado en Madrid un xogador cuxa proba da COVID-19 tivera resultados "alterados" e ficou confinado momentaneamente no hotel Finisterre da Coruña por orde do Sergas. O partido no que o Dépor ía xogar as súas opcións de permanencia na Segunda foi suspendido tras confirmarse a existencia de cando menos seis positivos no equipo madrileño
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia non identifica a persoa orixe do contaxio no 40% dos novos positivos por coronavirus
A porcentaxe galega de positivos na COVID-19 sen identificar a orixe do contaxio era a maior do Estado no informe do Instituto de Salud Carlos III para o pasado día 15, cun 80% que pasou a ser un 42% nos datos ata o día 17. A razón, segundo a Xunta, foi un "problema" na enquisa ás persoas que dan positivo, das que se rastrexa unha mediana de 4 contactos. Sanidade non aclara cantas persoas ten dedicadas a este labor
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas rexistra 7 casos novos de coronavirus, tres do brote da Mariña
Os "positivos activos" achéganse aos 200 e as cifras das áreas sanitarias da Coruña e Lugo seguen á baixa. Dos 202 casos activos, só sete están hospitalizados
Vellez Digna volve sinalar a xestión de DomusVi e reclama unha investigación parlamentaria sobre as mortes nas residencias
Cangas acolleu, como todos os domingos dende hai dous meses, unha manifestación dos familiares das persoas usuarias da residencia de maiores de Aldán, que demandan que "se recupere de inmediato a xestión pública das residencias públicas" e piden transparencia sobre o sucedido na crise da Covid-19
Os alcaldes da Coruña na ditadura e a lei de Memoria Histórica
Manuel Monge
Algo máis dun cento de hectáreas ardidas nos montes entre as restricións informativas habituais
O incendio de Canibelos (Ourense) xa afectou a unhas 60 hectáreas, segundo Medio Rural. O de Rubiá afectou ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra e nel arderon unhas 40 hectáreas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas notifica cinco novos casos de coronavirus do último día sen máscara obrigatoria tamén ao aire libre
Cun ritmo de probas PCR diarias semellante ao das semanas do pico da pandemia e malia aos brotes da Mariña, Betanzos ou Vilalba, o número de casos novos diarios notificados volve descender a niveis de principios de xuño. Cabe deducir que dous dos cinco casos novos están no brote de Vilalba e outros tres no resto de Galicia mentres a área de Ferrol rexistra cero "positivos activos" por primeira vez dende marzo
O Sergas suma 14 novos casos de coronavirus en Galicia, un deles no brote da Mariña
Nos concellos da provincia de Lugo alén da Mariña aumentan os "positivos activos" de 22 a 29 e na área da Coruña soben de 27 a 31, cadrando cos brotes de Vilalba e Betanzos
A obriga de uso da máscara en Galicia polo coronavirus establece só nove excepcións
O uso da máscara vira en "obriga xeral" dende este 19 de xullo en Galicia aínda que "se manteña a distancia de seguridade interpersoal". A resolución da Xunta explicita que o veto ao consumo de bebidas alcohólicas en 'botellóns' non o aplica ás terrazas nin ás "festas e verbenas populares"