Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
Trece novos casos de coronavirus en Galicia coa ollada posta nos brotes
Tras as aclaracións sobre as discordancias dos datos e a actualización deste venres, o total acumulado de persoas afectadas polo brote da Mariña chegaría a 239, con 95 persoas xa de alta, mentres seguen tamén as probas nos brotes de localidades como Betanzos ou Vilalba. Mentres, o Ministerio de Sanidade notifica 10 novos diagnósticos en Galicia.
As máscaras de protección, obrigatorias tamén ao aire libre e aínda que se poida manter a distancia de seguridade
O Consello da Xunta acordou este venres novas medidas para o uso deste elemento, que deberá empregarse sempre, tanto en espazos pechados como abertos. Só haberá excepcións para as persoas con problemas respiratorios, no momento de consumir nun establecemento de hostalaría e na praia no momento de bañarse ou cando se permaneza sen desprazarse.
Os sindicatos do ensino alertan de que co protocolo da Xunta "o curso non pode comezar con normalidade"
CIG-Ensino, CCOO, ANPE e UGT convocan concentracións en Compostela os días 22 e 28 de xullo, que se repetirían en setembro se o Goberno galego "non amosa a súa vontade de negociar" o documento, rexeitado "porque non minimiza os riscos de contaxio" do coronavirus
Saúde mental en tempos de Covid. Un aviso para navegantes
José Berdullas Barreiro
A Xunta liga a un erro nos datos das altas a publicación de menos positivos dos reais no brote da Mariña
Unha fonte oficial de Sanidade asegura a Praza.gal que a orixe na discordancia dos datos está en que o 10 de xullo as altas non eran 27, senón 36, e en que o cómputo total de persoas afectadas polo brote incluía 6 persoas máis das referidas nas notas públicas. Inicialmente, o Goberno galego atribuíra a disparidade a unha mala interpretación da súa información "real e transparente"
Os sindicatos rexeitan o plan da Xunta para a volta ás aulas: sen novos contratos, orzamento nin redución de ratios
O conxunto das organizacións sindicais retiráronse este xoves da mesa sectorial convocada polo Goberno galego, ao que acusan de descargar nos equipos directivos e no profesorado toda a responsabilidade da prevención de contaxios por coronavirus
A Xunta comunicou ao xulgado 34 positivos máis dos que fixo públicos no brote de coronavirus da Mariña
O 9 de xullo, o Sergas indicou ao xulgado que A Mariña rexistrara 224 casos de coronavirus mentres informaba publicamente de 165 casos "activos" e 25 altas, o que deixaba o acumulado en 190, trinta e catro menos. este 16 de xullo Sanidade rexistra 28 novos casos en toda Galicia e informa de 9 nun brote en Betanzos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Trescentos positivos de coronavirus en Galicia dende a fin do estado de alarma, o 80% na provincia de Lugo
O Ministerio de Sanidade vén de actualizar a súa serie por inicio de síntomas do coronavirus, a única pública para Galicia, chegando ata o 12 de xullo . Dende o inicio do desconfinamento, segundo a nova serie, rexistráronse en Galicia algo máis de 400 positivos, máis da metade aparentemente ligados ao brote da Mariña
As nenas embarazadas poderán ir á escola!
María Xosé Queizán
Sanidade mantén o peche de Burela polo brote de coronavirus e levántao no resto da Mariña
O Sergas indica que rexistrou un único caso novo ligado co brote nas últimas vinte e catro horas na Mariña, onde si se manteñen restricións como as relativas ao lecer nocturno ou ao límite das reunións de 10 persoas non convivintes. A Xunta abre a porta a que o peche de Burela se prolongue ata unha semana e admite que "existe o risco de que haxa un certo nivel de transmisión oculta" na zona porque "existen casos que non poden asociarse ao resto"
- Documento Coronavirus
- Acontece
A Xunta contempla máscara "en todo o horario lectivo" nas aulas sen espazo para manter un metro entre estudantes
O Goberno en funcións aborda a primeira versión do protocolo contra o coronavirus para o curso 2020-21. Non prevé a posibilidade de reducir a ratio de alumnado por aula para garantir a separación de seguridade que evite contaxios da covid-19 e abre a porta aos denominados "grupos estables" de ata 25 estudantes sen distancia nin máscara