Acontece
Podemos frear o despoboamento? Conversas na Cañiza sobre o futuro do rural
O GDR Condado Paradanta e O Tempo da Aldea organizan o vindeiro 28 de setembro unha xornada para debater sobre as causas e analizar recursos e posibilidades para o futuro.
- Entrevista | Querido Caseiro Dereito á vivenda
- Acontece
"A suba de prezos do Xacobeo xa comeza a notarse e existe preocupación sobre o que virá no próximo curso"
'Querido Caseiro' é unha conta de Instagram que recompila as "historias de terror" de pisos alugados por mozos e mozas de toda Galicia como denuncia das malas condicións dos inmobles e da indefensión que en moitas ocasións sofren os inquilinos e inquilinas.
O 40% dos turismos de Galicia non poderán acceder ás zonas de baixas emisións que as cidades crearán antes de 2023
Son ao redor de 424.000 vehículos os que terán prohibido o seu acceso aos centros urbanos das sete cidades galegas. A medida debe ir acompañada do fomento do transporte público e dos desprazamentos a pé e en bicicleta
'Salvemos o Iribio' reclama no TSXG a paralización das obras do parque eólico situado nunha zona da Rede Natura
A plataforma denuncia que a actuación da Xunta serviu para eximir automaticamente a Fergo Galicia Vento de ter que someter a modificación do proxecto eólico a unha nova avaliación de impacto ambiental, "a sabendas de que este trámite non sería superado en aplicación da normativa vixente".
Denuncian o proxecto de túnel na Porta do Sol de Vigo como "unha volta aos tempos do Scalextric"
A infraestrutura, de 200 metros de lonxitude, terá un custo de 17 millóns de euros. Greenpeace ou Vigo Histórico reclaman que o Concello aposte pola peonalización deste espazo e critican que o túnel incrementará a presión dos coches sobre as rúas Policarpo Sanz e Elduayen e sobre o Paseo de Alfonso XII
A veciñanza de Ons e a Xunta chegan a un acordo que pon fin ao conflito sobre o acceso á illa
Cada casa terá dereito a un determinado número de accesos, ata un total de 300 para todos os fogares, que se descontarán do cupo xeral de visitantes que poden entrar cada día na illa. O Concello de Bueu, que acolleu as xuntanzas, comprométese a apoiar a declaración como Patrimonio da Humanidade
Feminismo contra a cinza
Vera Hermida
20 feminicidios cometidos en Galicia dende o 2010 non entraron na estatística oficial de violencia machista
Entre eles figuran dous dos tres asasinatos rexistrados este luns en Valga, así coma os de Diana Quer e a ferrolá Marta Sequeiro, e tamén unha decena de mortes de mulleres a mans de familiares. O Pacto de Estado recomenda que se reflictan "todas as formas de violencia contra as mulleres"
Violencia machista
Iolanda Teixeiro
Prisión sen fianza para o asasino confeso das tres mulleres de Valga
A xuíza imputa ao asasino confeso tres delitos de asasinato e a Garda Civil investiga a orixe da arma presuntamente utilizada no crime, para a que "non tiña ningunha licenza". Os colexios de Xornalistas e Psicoloxía volven apelar á "responsabilidade" dos medios de comunicación ante a cobertura de novas sobre violencia machista: "O morbo dalgunhas crónicas non é aceptable e dificulta a comprensión da violencia de xénero"
Semana da mobilidade: as cidades galegas como poderían ser
Cidades e vilas galegas programan numerosas actividades co gallo do 'Día sen coches'. En Lugo a zona da Mosqueira será peonil durante unhas horas, amosando o uso que terá este lugar cando se corte o tráfico de forma definitiva. Ourense e A Coruña amosan tamén os seus plans para favorecer o desprazamento sustentable