-
Pontón e Da Silva, con veciñanza da Privada Moderna en Vigo, afectada polo conflito coa Sareb, este 17 de novembro de 2026 CC-BY-NC-SA BNG Pontón pide apoio ao BNG para "frear a especulación coa vivenda" xunto á veciñanza da Privada Moderna de Vigo afectada polo conflito co 'banco malo'
A portavoz nacional do BNG e a cabeza de cartel da formación soberanista pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, xuntáronse este martes en Vigo coa veciñanza da Privada Moderna, en loita coa Sareb -o banco malo promovido polo Goberno de Rajoy para absorber ladrillo tóxico das desaparecidas caixas de aforros- para reclamar a rehabilitación das súas vivendas. Fíxoo para pedir apoio ao Bloque nas eleccións xerais tamén como vía para "frear nas urnas as políticas de especulación coa vivenda" que, advirte, "Feijóo xa anticipou en Galiza".
A Privada Moderna, cre Ana Pontón Pontón, "representa simbolicamente o que significa a especulación" e un "exemplo dramático" de "poñela por riba do dereito á vivenda". Neste sentido, advirte, a "crise habitacional" actual non a vai emendar "o mesmo Feijóo que paralizou a construción da vivenda pública, que favoreceu a especulación e tomou medidas que claramente sacaron do mercado a moitas vivendas en alugueiro, favorecendo as vivendas de uso turístico”. Neste sentido, advirte, "defender políticas de vivenda valentes é apoiar o BNG", en torno ao que pide "concentrar o voto da xente que quere que a vivenda sexa un dereito.
-
O alcalde de Eibar lembra a Feijóo os vencellos da localidade vasca con Galicia tras afirmar o ex-presidente que alí hai "poucos galegos"
"Pero, sabe este home onde veu?". O alcalde da localidade vasca de Eibar, o socialista Jon Iraola, responde a Feijóo tras afirmar o ex-presidente nun acto electoral do PP que "podería" falar en galego pero dado que "hai poucos galegos aquí, fareino en castelán".
"En Eibar a comunidade galega chegou a roldar as 2.000 persoas", explica o rexedor dun concello que actualmente rolda os 27.000 habitantes e onde, resalta, "temos unha Casa de Galicia e este ano celebramos a 41ª edición do Día das Letras Galegas". "Galicia forma parte da nosa historia", remarca o alcalde.
-
Relación entre participación electoral e voto á esquerda en Galicia, sobre unha imaxe dun colexio electoral nunhas Xerais anteriores © Montaxe: Praza.gal A máis participación, mellor resultado da esquerda? A mobilización progresista, clave no 29N
Os datos das últimas décadas amosan que existe unha relación directa entre unha maior participación e un mellor resultado da esquerda en Galicia. Case sempre que a esquerda superou o 50% dos votos en Galicia, a participación superou o 70%. Seguir lendo
-
Rueda quere outro escano para o PP na Coruña mentres as enquisas apuntan á perda dun en Lugo
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, participou este luns nun mitin en Padrón no que pediu dar a Feijóo "mans libres" para gobernar e apelou aos seus a lograr un quinto escano pola provincia da Coruña, onde actualmente os populares contan con catro. Nesta provincia é onde o PP está a centrar a súa campaña en Galicia, co gran mitin de Feijóo do pasado sábado en Santiago e visitas do seu número 2, Miguel Tellado, mentres as enquisas amosan a posibilidade de que os populares perdan un dos tres escanos con que contan en Lugo.
-
A parella de Santiago Abascal cobra o bono social de calefacción para familias vulnerables
Lidia Bedman, a actual compañeira do presidente de Vox, é beneficiaria desta axuda da Comunidad de Madrid de máis de 210 euros pensada para que un fogar poida facer fronte ao recibo da calefacción, segundo publica infoLibre.
Os beneficiarios deste bono tamén reciben de maneira automática o bono social eléctrico, de maior contía, pero non é posible comprobar se Bedman o cobra. Se non renunciou expresamente a el, tería unha rebaixa de máis do 42% no recibo mensual de electricidade.
-
O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, candidato da Fronte Ampla, en campaña en Santiago este luns © Fronte Ampla Fronte Ampla quere xubilación aos 65 anos e 32 horas de traballo á semana
O ministro de Cultura e segundo na lista da Fronte Ampla ao Congreso por Barcelona, Ernest Urtasun, estivo este luns en Santiago nun acto de campaña no que pediu ao PSOE que as promesas electorais que está "copiando" á súa propia formación as faga oficiais "no BOE". Urtasun mencionou medidas como unha prestación universal por crianza ou o rexistro horario na mesma xornada en que a Fronte Ampla presentou o seu programa electoral, que propón volver baixar a idade de xubilación aos 65 anos e reducir a 32 horas a semana laboral.
-
O Consello de Ministros sobe un 5,3% o salario mínimo e un 4,5% o do funcionariado
O Consello de Ministros aproba este martes, quinto día da campaña electoral, unha suba do 5,3% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), ata os 1.268 euros brutos ao mes. Tamén fixará nun 4,5% a suba do salario do funcionariado en 2027.
- Política Ao vivo
Anuncios desde o Consello de Ministros no quinto día de campaña
Hemeroteca
-
Primeiro luns de campaña e único debate televisivo galego cara ao 29N
-
A máis participación, mellor resultado da esquerda? A mobilización progresista, clave no 29N
-
A esquerda chama a evitar a "axenda ultra" e o PP sinala a "corrupción" no debate da TVG ás 9:30 da mañá
-
O CIS en Galicia: entre o dominio da esquerda e a sobrerrepresentación