Entregan 230 mil sinaturas no Ministerio de Economía para salvar o CSIC
A iniciativa responde ás dificultades orzamentarias do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que “está a piques de colapsar debido aos recortes que o Goberno impuxo sobre a I+D+i”, segundo denuncia o manifiesto que recolleu as sinaturas. Nos centros do CSIC traballan máis de 12 mil persoas.