Ciencia e tecnoloxía
Open Data: máis democracia, máis oportunidade de xerar riqueza
As prácticas de open data, para poñer a disposición de todos os cidadáns e cidadás os datos e coñecemento xerados dende o investimento público, levan anos de atraso en España. Estanse perdendo oportunidades para a innovación e para acadar sociedades menos opacas. Falamos con José Ramom Pichel, de Imaxin
Rodolfo Carpintier inaugurará o Compostweets 2013
Foi o visionario e incubador de empresas tan exitosas como Tuenti ou BuyVip e ofrecerá a conferencia e apertura do evento, que se celebrará o 22 de marzo en Santiago. Ademais, cinco emprendedores explicarán o seu proxecto de negocio en internet.
AGE pídelle á Xunta que amplíe o prazo de renuncia ás bolsas predoutorais e evite que se perdan un terzo delas
Un terzo das 75 bolsas predoutorais da Xunta "podería perderse nun limbo burocrático", segundo o deputado David Fernández, se a Consellaría non atende ás reivindicacións dos estudantes que figuran na lista de espera
De Vigo ao ceo
Lanzan un globo de helio á estratosfera dende a cidade olívica. O artefacto chegou até os 31.000 metros, onde estoupou. Pero antes deixou varios minutos de imaxes impresionantes.
Patrimoniogalego.net, un catálogo de bens culturais que bate récords
A web social especializada na riqueza patrimonial de Galicia supera as 3.000 entradas en apenas dous anos de andaina
Cinco alternativas de código aberto a Dropbox
O almacenamento de información na nube con plataformas como Dropbox, Google Drive ou iCloud é cómodo e eficiente. No entanto, cando a seguridade é o importante, non podemos depositar toda a nosa confianza en plataformas sobre as que non temos control.
Un ano da Lei Sinde-Wert: unha coacción ineficaz
Despois dun ano, a norma non cumpriu coas expectativas da industria de contidos, aínda que dificultou a tramitación das denuncias. A Comisión de Propiedade Intelectual abriu expedientes contra sitios que xa pasaran previamente polos xulgados civís ou penais
"Se hai un recorte durante anos o que máis se resente é o capital humano"
O ex reitor da USC Senén Barro presenta este venres o seu libro +Universidad –Especulación, no que aposta polo emprendemento e por reforzar o financiamento e o funcionamento da universidade como motor da economía do coñecemento.
Pirates de Catalunya dálle acubillo a The Pirate Bay
Antes as presións recibidas polo Partido Pirata de Suecia, a plataforma pasa a aloxarse no ancho de banda que lle proporcionan os partidos pirata de Noruega e Catalunya.
Peche, paro e protestas contra os recortes na Universidade
A Coordinadora en Defensa da Universidade Pública maniféstase contra os axustes no inicio do debate parlamentario da Lei de Orzamentos que reduce os fondos das universidades e protestará de novo este martes. Un grupo de PAS, PDI e estudantes mantén un peche de 24 horas desde as 11 da mañá.
Denuncian irregularidades na concesión de bolsas postdoutorais da Xunta
Varios candidatos advertiron que algúns dos admitidos xa gozaran de bolsas semellantes con anterioridade, o que é incompatible coa concesión desta nova axuda.