As ensinanzas artísticas superiores reclaman a súa integración na universidade galega
Profesorado e alumnado demandan que o 1 de xullo estes centros e titulacións se adscriban á universidade. Todo depende dunha decisión da Xunta que, con todo, lava as mans no asunto. Carme Adán subliña que a homologación "non supón máis custe, senón que só se necesita vontade política".