A eterna promesa
Na Vuelta de 1983 Gorospe perdeu nunha tirada máis de vinte minutos e pasou de líder a non entrar nin nos dez primeiros. Hai quen di que a responsabilidade puido con el. En Serranillos perdeu "ata o apelido"
Na Vuelta de 1983 Gorospe perdeu nunha tirada máis de vinte minutos e pasou de líder a non entrar nin nos dez primeiros. Hai quen di que a responsabilidade puido con el. En Serranillos perdeu "ata o apelido"
En decembro publicarase o segundo volume do Bestiario do Vestiario, obra de Martiño Suárez e editado por Carlos Meixide, e que comezou este luns unha campaña de crowdfunding para financiar a súa impresión e distribución. Un total de 51 historias persoais e colectivas de amor ao deporte
Ao principio dos vibrantes anos 20, mentres as vangardas estoupaban, Duchamp deixou o circuíto da arte para entregarse en corpo e alma aos 64 cadriños
O judo foi dominado polos nipóns ata que foi incluído por primeira vez no programa dos Xogos Olímpicos. E a caída do pedestal non puido ser maior
O cadro no que Joseph Heintz retratou unha multitudinaria pelexa non é a única escena similar que se pintou nesa época, porque as pelexas colectivas eran probablemente o deporte máis popular na Venecia dos séculos XVI e XVII
No estadio de Colombes comezaron a resoar nomes tan galegos como Vidal, Andrade ou Cea na selección do Uruguai, os franceses honraron o seu xogador de rugby aviador e viron como o deporte se mesturaba coa guerra
A Liga Galega masculina, que comeza o 29 de setembro, contará cunha cifra récord de 14 equipos; a competición feminina iníciase un mes máis tarde con 7 equipos. Galicia, onde o deporte se introduciu hai tan só sete anos, conta xa con varios títulos internacionais.
A Nabokov gustáballe parar, pero o que máis lle prestaba era deixar voar a imaxinación; esquecía tanto o partido que aos compañeiros lles parecía mal
O club burelao aplicará esta tempada un pioneiro convenio colectivo ás súas xogadoras, "un paso máis" no seu traballo a prol da igualdade. O texto incluirá varias medidas que favorecen a conciliación e que se estenderán até que os fillos teñan 5 anos. "É de sentido común", din na entidade.
Durante catro séculos contouse que Caravaggio tivera que fuxir en pleno éxito artístico despois de asasinar un home por unha disputa nun partido de tenis, pero a cousa foi algo máis complicada
"Mentres cruzaba a meta, o fascismo caía", contou Pugnaloni moito tempo despois. Cando se convenceu de que non tiña sentido reclamar o galardón, arrincou do traxe a insignia fascista, tirou con ela e marchou
Alice Coachman foi a primeira muller negra en gañar unha medalla olímpica de ouro (en salto de altura en Londres 1948). Como lle ocorrera ao seu compatriota Jesse Owens uns anos antes, os Xogos foron o momento culminante da súa vida, e o regreso aos Estados Unidos, un golpe brutal de realidade.