Voltar

Deportes

  • Galicia debuta este sábado no europeo de fútbol gaélico en Lorient

    Todos os partidos da primeira fase, tanto en categoría masculina como feminina, xogaranse este sábado e as finais o domingo. Os homes enfrontaranse a Gascoña, Francia, Alemaña e Bretaña, e as mulleres a Francia, Alemaña e Bretaña. Este mércores anunciouse que o Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019.

  • O adestrador simbionés

    Nos anos setenta Jack Scott reclamou a fin da discriminación racial nos Estados Unidos e un deporte máis igualitario, colaborando co black power. Aínda que foi apartado dos seus cargos como adestrador universitario, soubo reinventarse, deixándonos obras teóricas e técnicas pioneiras e traballando con estrelas como Carl Lewis ou Ben Johnson.

  • Unha carreira para idiotas

    CON VÍDEO En 1981 Hinault decidiu que xa estaba ben de romper a cabeza coa Paris-Roubaix, que a correría unha vez máis e a gañaría, para que calasen por fin os que o consideraban un covarde

  • O divino manco

    O Uruguai futboleiro é en verdade unha quinta provincia; no equipo que gañou o Mundial de 1930 estaba Héctor Castro, lenda do Nacional de Montevideo e procedente dunha prototípica familia galega emigrada a Sudamérica

  • Gretel, Ibolya, Dora

    A historia de Dora Ratjen é a máis alambicada e triste despois de converterse na dominadora absoluta do calendario de salto de altura feminino, batendo récord tras récord; tras varrer nos Europeos de Viena, un celoso revisor entregouna ás SS

  • Motocrós e música techno

    Os colegas suxeríronlle a Joaquín Isidoro que se metese na cabina do disc jockey para non estorbar, e alí pasou o resto da noite. Volve varias noites e o 'pincha' pídelle que o cubra unha hora. Menos de dez anos despois é número un en varios países e volve tolos a auditorios xaponeses de 50.000 persoas