Germade e Arévalo dan outra medalla ao piragüismo galego, que suma doce na historia olímpica
O cangués e o betanceiro, xunto a Craviotto e Cooper, acadan a prata co K4 500 e o deporte galego suma seis metais nos Xogos ao sumar as de Peleteiro, Portela, Nico Rodríguez e os porteiros Iván Villar, en fútbol, e Corrales, en balonmán.