512 quilómetros, 8 portos de montaña, 45 concellos: 'O Gran Camiño' presenta o percorrido da volta ciclista galega
Este venres presentouse en Compostela o perfil das catro etapas que compoñen a proba, de primeiro nivel internacional, que se celebrará entre o 24 e o 27 de febreiro.