David Reinero

Unha ducia de murais

A Cidade da Cultura acolle xa un mural que Luís Seoane realizou por encargo de Díaz Pardo para a factoría de Porcelanas La Magdalena, na Arxentina. Lembramos unha ducia de obras de grandes dimensións espalladas por toda Galicia.

  1. 01

    Seoane para Porcelanas La Magdalenta

    O propio Díaz Pardo construíu a base do mural sobre o deseño e as indicacións de Seoane, que nunha visita á fábrica arxentina el mesmo rematou e asinou. O mural foi adquirido pola Xunta e agora permanecerá na Cidade da Cultura. [Imaxe: CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  2. 02

    Vista da Coruña 1669, de Lugrís

    En 2016 tamén foi noticia a recuperación dun mural de Lugrís que estaba nun antigo café da Coruña e que agora conserva Abanca. [Imaxe: CC-BY-SA Juan Freire]

  3. 03

    Leopoldo Nóvoa

    Leopoldo Nóvoa, como Lugrís ou Seoane, foi outro dos grandes muralistas galegos con obra por todo o mundo, como esta na Coruña. [Imaxe: © http://leopoldonovoa.com/]

  4. 04

    Díaz Pardo, por Lula Goce

    Díaz Pardo non só foi impulsor de murais senón que el mesmo é o protagonista deste pintado por Lula Goce en Sada nas proximidades de Cerámicas do Castro. [Imaxe: © Concello de Sada]

  5. 05

    Ordes

    A arte urbana recolleu o legado dos murais e amplificouno a través de certames e iniciativas como a que hai anos vén recuperando en Ordes todo tipo de espazos. [Imaxe: CC-BY-NC-ND Trevor Huxman]

  6. 06

    As meninas de Canido

    No barrio ferrolán de Canido as meninas son o argumento para que artistas e cidadanía en xeral contribúa con murais á recuperación de espazos. [Imaxe: CC-BY-SA Praza Pública]

  7. 08

    Carballo

    Carballo é outra das vilas que nos últimos anos se sumaron á recuperación de espazos con murais de grandes dimensións, como este de Lula Goce no marco do Rexenera Fest 2018. [Imaxe: Rexene [© Derrubando Muros]

  8. 09

    Antón Pulido en Vigo

    Artistas veteranos como Antón Pulido tamén participan nos novos certames da agora denominada arte urbana, como o de Vigo. [Imaxe: Concello de Vigo]

  9. 10

    Lidia Cao en Teo

    Entre o urbano e o rural sitúase o Delas Fest que deixou murais en varios concellos da contorna de Santiago, como este no pavillón deportivo de Calo, en Teo, de Lidia Cao. [Imaxe: CC-BY-NC 7H Cooperativa Cultural]

  10. 11

    Jimmy en Riazor

    As mensaxes reivindicativas dos murais, cando as teñen, poden ser de todo tipo, como este no estadio de Riazor en lembranza dun seareiro do Deportivo asasinado.

    [Imaxe: CC-BY-SA Praza Pública]

  11. 12

    Vidreira de Díaz Pardo no Parlamento

    Aínda que non é mural senón vidreira, a función desta no hemiciclo do Parlamento de Galicia é similar e o feito de que o autor sexa Díaz Pardo permite pechar o círculo desta ducia de obras de gran formato. [Imaxe: Parlamento de Galicia]