Economía
Por que a estratexia de especialización intelixente pode non acadar os resultados agardados en Galicia no período 2014-2020?
Diego Sande Veiga
Por unha auditoria das débedas publicas galega e española
Manoel Barbeitos
A contratación temporal pola chegada do verán baixa o paro en 7.700 persoas en Galicia
O desemprego descende en maio en 7.689 persoas impulsado pola hostalería. O sector servizos absorbe máis do 65% do descenso do desemprego mentres o mercado laboral segue a minguar: increméntase o número de cotizantes en 4.000 persoas menos das que baixa o paro no último ano.
As nosas vivendas: Maioritariamente en propiedade e cada vez máis en pisos
O 52% dos fogares galegos sitúase en edificios de apartamentos. Os alugueiros representan tan só o 12% do total, fronte a un 80% de casas en propiedade.
Os xulgados comezan a recoñecer o carácter "abusivo" das hipotecas IRPH
Este luns celebrouse a vista do xuízo do ferrolán Marcos Guerreiro contra unha entidade financeira do Banco Santander. Ambas as partes sinalan que, sexa cal sexa a decisión, o asunto chegará á Audiencia Provincial da Coruña.
A CEG, exemplo de mala xestión empresarial, incapaz de reconducir a súa crise
A Xunta Directiva da organización non aproba o plan de viabilidade e os orzamentos para 2016 da organización, imprescindibles para reconducir unha situación económica crítica que pode levar a entidade a un concurso de acredores. Volverán debaterse o vindeiro 17 de xuño
Ferrol- Mieres- Cádiz: a débeda histórica coa desindustrialización
Celia Fernández
O Goberno en funcións decide que Reganosa pode saltar a avaliación de impacto ambiental
A medida, decidida polo Consello de Ministros, busca evitar o peche da planta de gas, despois de que o Tribunal Supremo anulase a súa autorización administrativa e de proxecto de execución
A UE desoe a unánime demanda do sector lácteo de controlar a produción
O Parlamento europeo celebrou unha audiencia para analizar a actual crise. Porén, só se determinou que esta limitación na oferta sexa voluntaria e opcional en cada país, unha medida insuficiente para o SLG. En sesión plenaria Lidia Senra defendeu tamén esta medida ante o Comisario de Agricultura
Audasa acumula unha década a recortar persoal mentres aumenta un 60% os beneficios
A concesionaria da AP-9 reduciu 90 postos de traballo dende 2004 e gañou case 45 millóns de euros durante o pasado exercicio, no que ingresou máis de 130 millóns en peaxes.
"A implantación da enerxía eólica non tivo en conta os axentes rurais"
Damián Copena, do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, analiza na súa tese de doutoramento as rendas obtidas polos propietarios dos terreos nos que se asentan os parques, un beneficio do 1,46% sobre a facturación xerada polas instalacións