O 70% da poboación galega vive en 57 concellos
Sete de cada dez habitantes do país aséntanse no 20% dos municipios. Mentres, pouco máis de 100.000 persoas residen nos máis de 100 concellos de menos de 1.000 habitantes.
Sete de cada dez habitantes do país aséntanse no 20% dos municipios. Mentres, pouco máis de 100.000 persoas residen nos máis de 100 concellos de menos de 1.000 habitantes.
Os rexedores de quince concellos con instalacións eólicas, oito deles gobernados polos populares, asinan un manifesto contra os recortes ás enerxías renovables e advirten dos nocivos efectos no emprego e na economía dos seus municipios.
En Galicia hai 299.396 inmobles baleiros, case un 30% do total, segundo o Censo de Vivendas do INE correspondente ao ano 2011. Deles, 75 mil foron construídos na última década. A Coruña (19.283), Vigo (18.588) e Ourense (14.561), os concellos cun número meirande.
Alfonso Salazar é presidente da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), unha entidade fundada en 2010 e que denuncia que "estamos gobernados por xente que nin emprendeu nunca nin pensa facelo, nin sabe o que é isto"
O desemprego aumenta en 209 persoas en decembro no país e descende en 7.724 en todo 2013 malia que o país perde case 13.000 afiliados nun ano. Os datos volven ser peores que a media estatal, onde o número de parados descende en máis de 107.000.
O traxecto entre Ferrol e Tui en vehículo lixeiro chega xa aos 20,20 euros tras a última suba nas peaxes da autoestrada do Atlántico
A empresa de Monterroso, fundada en 1968, procesa seis mil toneladas de castañas ao ano. Outras seis empresas competiron polo premio, e resultaron finalistas a gandeiría Quintián, e a asociación de criadores de razas autóctonas de Galicia
Os datos da Enquisa de condicións de vida das familias, publicados polo IGE, sinala que no 2012 diminuíron os fogares con dificultades para chegar a fin de mes. Porén, crece a porcentaxe de cidadáns que reciben prestacións e a proporción de galegos e galegas en situación de exclusión social.