Economía
"Os orzamentos do Goberno son o recoñecemento do seu fracaso"
Pedímoslles aos economistas Manuel Lago e Marcelino Fernández Mallo que analicen o proxecto de orzamentos presentado esta semana polo Goberno central, que afirma que son as "contas da recuperación".
Pemex prioriza a compra de barcos feitos en México
A petroleira asina un acordo cunha empresa de Singapur para construír un estaleiro en México con capacidade para "construír, manter e reparar plataformas e outras embarcacións maiores"
"Á xente gústalle cada vez máis saber quen elaborou o produto que está a comprar"
Saborplace é unha web pensada para que consumidores preocupados pola súa alimentación e pola orixe dos produtos que consumen, merquen comida de calidade, ecolóxica e artesanal directamente aos produtores, labregos e gandeiros. Dende A Coruña para o mundo.
A crise aféctanos a todos? A uns máis que a outros
A Revista Galega de Economía publica un monográfico sobre Economía da desigualdade, coordinado polos profesores da USC Angela Troitiño e Sebastian Villasante. Este venres clausurouse o foro organizado pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza, baixo o título de Un investimento, non un gasto. Un de cada catro galegos atópase en risco de pobreza ou exclusión
O Goberno busca malvender Novagalicia Banco pola metade do seu valor
Aceptar esta perda do 50% implica aceptar que se perden case 7.650 dos 9.000 millóns que o Estado inxectou na entidade. Cinco bancos españois e varios fondos de investimento internacionais estarían interesados, sobre todo Guggenheim
Así (non) lastran as autonomías a débeda pública
O groso da débeda do Estado español é a da Administración central, con máis de 800.000 euros. As comunidades autónomas non chegan aos 200.000 millóns e os concellos suman 35.500, 7.000 dos cales corresponden a Madrid.
O paro volve subir en Galicia tras o espellismo do verán
O número de desempregados rexistrados aumenta en 3.209 persoas, un incremento do 1,25%, superior á media estatal. Todos os novos parrados galegos proceden do sector servizos.
Obama bebe viño galego... e etiquetado en galego
A Casa Branca escolleu Peza do Rei, un tinto da Ribeira Sacra, elaborado por Bodegas Cachín, para a Cea da Hispanidade, que este mércores reunirá a elite empresarial, política e económica del país. Un viño galego e etiquetado en galego.
Cartos para o AVE si, e para o demais?
Máis da metade do investimento do Estado en Galicia céntrase na Alta Velocidade, unha partida "ficticia" ou "non prioritaria", segundo denuncia a oposición, que enumera outras infraestruturas claves esquecidas polo Goberno central.
O AVE volve absorber a maior parte do investimento do Estado en Galicia
Máis da metade dos cartos que os Presupostos dedican ao país consúmense na alta velocidade, o que permite a autonomía manterse como a terceira en investimento.
Aldeas a prezo de saldo
En Galicia hai máis de tres mil núcleos de poboación que non contan con ningún habitante, segundo datos do INE de 2012. Varias destes lugares abandonados véndense en webs especializadas. Algunhas constan dun par de vivendas, outras conforman unha aldea completa, ás veces cunha gran historia detrás.