A Eurocámara apoia unha PAC que rexeita o BNG por prexudicar o agro galego
O Bloque vota en contra do paquete lexislativo dunha Política Agraria Común máis verde por "manter unha distribución das axudas inxusta", malia uns avances que cre "insuficientes". "Esperabamos unha PAC máis xusta e sustentable", asegura a eurodeputada Ana Miranda.