Unha concentración no Centro Comercial As Cancelas lembrará os mortos da industria téxtil de Bangladesh
O pasado sábado 112 traballadoras morreron no incendio da fábrica de roupa Tazreen Fashions. Trátase do incendio máis grave na historia da industria téxtil daquel país, pero non se trata dun feito illado: Entre 2006 e 2009 morreron 414 traballadores en incendios de fábricas de roupa.