Leite vs. Eólicos. Que modelo para o rural galego?
Os dous parques eólicos do Concello de Friol facturan 23 millóns de euros anuais e non xeran ningún posto de traballo na localidade. As 731 explotacións agrarias facturan 21 millóns de euros e dan de comer a 731 familias, segundo datos que recolle o colectivo universitario Na Encrucillada.