![](https://praza.gal/media/cache/opinion_article_author_thumbnail/uploads/imaxe-859f72b-6874367.jpeg)
26M locais e europeas
Feijóo promete obras da Xunta en Viveiro e Carballo se gañan os candidatos do PP
O Goberno galego leva meses adaptando as súas axendas e publicacións oficiais aos intereses locais dos populares
Todas as candidaturas da Coruña asumen o futuro da fachada marítima como gran tarefa do próximo goberno
Marea, PP, PSOE e BNG coinciden en apostar por un consorcio de administracións para o deseño e xestión dos terreos portuarios que quedarán liberados pero difiren sobre os usos e aproveitamentos ou na forma de afrontar a débeda millonaria da Autoridade Portuaria.
- Entrevista | Miguel Anxo Fdez. Lores 26M locais e europeas
- Política Pontevedra
"Pensamos Pontevedra como unha cidade para as persoas, levámola á práctica, funciona e a xente percíbeo"
Tras dúas décadas na alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores aspira a volver revalidar mandato tras unha intensa campaña na que o BNG local ten a maquinaria a pleno rendemento e "boas expectativas", pero "sen confiarse" para evitar "sorpresas". Asegura partir dun convencemento: no resto de forzas políticas non hai un proxecto alternativo ao dun goberno que tornou Pontevedra en "referente internacional".
- Interactivo 26M locais e europeas
- Política Ourense
Ourense: ferven as Burgas
Un mandato convulso e unha inaudita fragmentación de candidaturas (15 en total) anticipan un novo escenario ingobernable na terceira cidade galega
- Entrevista | Leticia Santos 26M locais e europeas
- Política Vigo
“No Morrazo xa mancomunamos servizos pero a Área Metropolitana de Vigo é clave”
Leticia Santos (Moaña, 1985) recuperou hai catro anos o goberno local de Moaña para o BNG, en sociedade co PSdeG, nun concello que tivo rexedor nacionalista durante a maior parte da democracia pero tras un mandato anterior que fora controlado polo PP.
Compostela Aberta. Unha cuestión de decencia democrática
Paco CastroMáis de 61.000 peticións de voto por correo anticipan participación récord por esta vía en Galicia o 26M
As máis de 61.700 solicitudes de voto por correo aceptadas en Galicia para o 26M supoñen un incremento do 62% con relación ás anteriores municipais. O prazo para enviar o voto por correo remata o 24 de maio ás dúas da tarde
Nova Escola Galega ve na prohibición dun debate electoral no IES de Foz un "ataque á liberdade de cátedra"
O debate, no que ían participar todas as candidaturas municipais, contaba co apoio da dirección do centro, pero Inspección Educativa decidiu suspendelo. A entidade salienta que o obxectivo do evento era "promover unha educación aberta e problematizadora en relación co seu contexto".
- Interactivo 26M locais e europeas
- Política Lugo
Lugo: a vida despois de Orozco
As eleccións municipais en Lugo son as primeiras en vinte anos sen Orozco como protagonista principal. A alcaldesa Lara Méndez enfróntase ás súas primeiras eleccións como cabeza de lista e pon a proba os barrios que tradicionalmente apoian o PSdeG nun contexto no que aos seis partidos con representación no Concello hai que engadir a incerteza na dereita e a nova fragmentación na esquerda
- Entrevista | Martiño Noriega 26M locais e europeas
- Política Santiago
"Desafiamos os poderes fácticos e somos peza a bater, pero estamos en condicións de revalidar o goberno"
Martiño Noriega concorre por segunda vez á alcaldía de Santiago. Está a desenvolver unha axenda "maratoniana" na que o debate público semella ser un dilema a dúas bandas: Compostela Aberta ou a súa remuda polo PSOE de Bugallo, ao que Noriega achaca que elixiu o "marco da dereita". Cre que volve chegar ás urnas con posibilidades de goberno, agora explicando que "fomos quen de acreditar que non é incompatible un discurso transformador coa normalización institucional"
26M em Compostela
Isabel Rei