Prestige 20
- Documento Prestige 20
- Política
O Nunca Máis desbordou o fraguismo nas escolas malia ás ordes de censura
O Goberno de Fraga tentara frear as mobilizacións nos centros de ensino contra a xestión da catástrofe do Prestige e a guerra de Iraq cunha circular que instaba as direccións de colexios e institutos a retirar a cartelaría "ilegal". O veto fora respondido con máis mobilizacións de sindicatos, organizacións estudantís e ANPAs
Efectos políticos do Nunca Máis
Xoán Antón Pérez-LemaAs pegadas do Prestige
Xesús Veiga- Reportaxe Prestige 20
- Ciencia e tecnoloxía
O efecto do chapapote na saúde: vinte anos sen avaliar os posibles danos pola exposición a substancias canceríxenas
A plataforma de sanitarios de Nunca Máis reclamou un estudo epidemiolóxico para coñecer os efectos do chapapote nas persoas que o recollían, as administracións non o promoveron ata catro meses despois do naufraxio, cando a maior parte xa fora retirado. Aínda así, as persoas voluntarias que non eran fumadoras naquela altura mostraran un incremento de substancias potencialmente canceríxenas na súa ouriña relacionado coa maior exposición ao chapapote
Unha costa máis segura polo esforzo público pero con intereses privados no medio: o salvamento marítimo tras o Prestige
Expertos en seguridade marítima sinalan que, aínda que se minimizase, segue existindo risco dun accidente similar e dubidan dos intereses políticos ou empresariais que se poderían volver cruzar nun caso así
A Xunta creou hai dez anos un Comité Asesor sobre contaminación mariña que nunca reuniu e só o fará de xeito excepcional
O Goberno galego fixo que as universidades nomeasen representantes pero en 2016 mudou a normativa para só convocar os expertos “sempre que a continxencia o requira” ou “se cómpre”, algo que el mesmo decide
- Interactivo Prestige 20
- Acontece
O Prestige aínda mancha: Adega denuncia que 10.000 toneladas de refugallos permanecen nas Somozas sen ser tratados
A maior parte das 90.000 toneladas iniciais de restos de fuel recollidos na costa galega, mesturados con area e plásticos, foron tratados entre 2006 e 2009. Porén, a falta dunha partida orzamentaria específica e discusións sobre se Xunta ou Estado central deben achegar os cartos, manteñen dende entón unha parte dos residuos "guindados baixo a alfombra", denuncia Adega.
A voz de Nunca Máis volve ecoar na UE, que admite o "impulso político" tras o Prestige para mellorar a seguridade no mar
Ana Miranda, eurodeputada do BNG, xunta en Bruxelas activistas e profesionais galegos con voces expertas internacionais polo vixésimo aniversario do Prestige. Jacob Terling, da Unidade de Seguridade Marítima da Comisión Europea, lembra que a catástrofe do Prestige foi clave para avances como o veto dos petroleiros monocasco ou o endurecemento dos controis aos buques
A Xunta esvaece no aniversario do Prestige
Rueda, quen durante a catástrofe do Prestige era director xeral no Goberno de Fraga, acudiu este 13 de novembro a unha gala benéfica na Coruña. O Goberno galego emitiu 16 comunicados durante a xornada, ningún vinculado ao aniversario. A Xunta enviou o subdirector de Gardacostas ao acto institucional do Estado en lembranza do Prestige, en Camariñas. Fora convidada a conselleira do Mar, directora xeral na Consellería de Pesca ás ordes de López Veiga nos tempos do desastre do petroleiro
- Interactivo Prestige 20
- Política
Dos 993 quilómetros de AVE a Angrois e o Parador de Muxía: o que deixou o Plan Galicia 20 anos despois
Non só o Estado aparcou infraestruturas anunciadas tras o afundimento do Prestige, senón que tampouco a Xunta completou aínda varias comprometidas daquela por Feijóo como conselleiro
"Hai un petroleiro con problemas a 28 millas de Fisterra". Viaxamos no tempo en Twitter para contar o día a día do Prestige
Durante as vindeiras semanas iremos relatando a través da conta @Prestige20anos o día a día do desastre ecolóxico e da posterior mobilización social. Trátase dunha iniciativa pensada para quen non o viviu e tamén para aqueles e aquelas que si estaban alí, traendo ao presente o que pasou neses días e dándolle valor á hemeroteca do sucedido hai vinte anos