Voltar

Retrocorenta

  • Retrocorenta 10: Especial Nadal

    Hai dez programas comezamos a facer memoria sobre as últimas catro décadas de Galicia. Iso levounos aos anos 80, aos anos 90 e aos primeiros 2000. E, que é o que facían calquera programa cun mínimo de prestixio naqueles anos? Efectivamente: un especial de Nadal! Cunha entrevista exclusiva e moitas sorpresas no contestador despedimos o podcast Retrocorenta

  • Retrocorenta 9: Facer de comer

    Sentade á mesa, porque neste noveno Retrocorenta imos facer de comer. Entramos co chef Javier Olleros na cociña de Culler de Pau no Grove. Imos probar o cocido do Rodeiro, no barrio de San Pedro de Compostela. E visitamos unha cociña que xa non existe, a de Casa Vilas: é 1992 e temos un convidado realmente histórico e especial, encargado de facer unha "fast queimada".

  • Retrocorenta 8: Historias de autobús

    Estas catro décadas de memoria colectiva nas que se centra o podcast Retrocorenta non se poden entender sen as historias de autobús. Neste oitavo episodio participan o escritor Carlos Meixide, a xornalista Marta Veiga e o actor Antonio Durán ′Morris′

  • Retrocorenta 7: A tele que vimos medrar

    No sétimo Retrocorenta falamos da televisión en Galicia, porque a tele funciona como un espello da sociedade e do país. Tanto a TVG como a delegación de Televisión Española en Galicia teñen un papel fundamental no día a día destes corenta anos de memoria colectiva e disto e moito máis conversamos con Tareixa Navaza, Xosé Ramón Gayoso e Belén Regueira. 

  • Retrocorenta 6: Saímos á noite

    Neste sexto programa de Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao, imos da verbena á discoteca con Pili Pampín e co novo responsable da sala Hermo, Plenario Veiga. Lembramos as míticas noites do Yguazú en Lugo e saímos de festa por Ordes con Matías Tarrío

  • Retrocorenta 5: Historia(s) da internet galega

    Desde a cuarta década da internet galega, no quinto episodio do podcast 'Retrocorenta' miramos cara a atrás (e cara a adiante) coas xornalistas María Yáñez, Marta Veiga, Manuel Gago e Rocío Castro. Do IRC a Twitch, de Blogaliza ao Galitwitter pasando polo Fotolog.

  • Retrocorenta: Xela, Lois e as letras pop(ulares)

    Como xa sucedera en 2011 co ano Lois Pereiro, con Xela Arias estamos a vivir unhas letras galegas pop… ou punk… ou, cando menos, máis pegadas ao país. Falamos destes autores, das súas letras e as súas músicas con Montse Pena Presas, Xosé Manuel Pereiro e Marilar Aleixandre nun novo episodio do podcast Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao

  • Retrocorenta 3: Son Bravú

    En Son Bravú o podcast Retrocorenta recupera este fenómeno que xurdiu na aldea de Viana, en Chantada, xunto ás voces de Xurxo Souto, Lola de Ribeira, Pinto d'Herbón e mais Anna Diz, que gravou un documental polo XX aniversario.

  • Retrocorenta 2: Fume no pavillón

    O segundo episodio de Retrocorenta recupera os éxitos deportivos das pioneiras e pioneiros galegos. Pili Neira, TIto Díaz e Ángeles Araújo lembran connosco os campos de fútbol e ás canchas de baloncesto onde xogaron naqueles anos, facemos memoria dos comezos das retransmisións deportivas en galego e rememoramos os anos en que afección se afixo a ter tres equipos galegos en Primeira

  • Retrocorenta 1: As movidas de Vigo

    No primeiro Retrocorenta revisitamos a "explosión" creativa da Movida viguesa con algúns dos seus protagonistas. Nicolás Pastoriza, Menchu Lamas, Pablo Novoa, Mara Costas, Fernando Franco, Rosa Costas, Teo Cardalda e María Monsonís contan o que viviron no Vigo dos oitenta