Ana Pastor promete o traspaso da AP-9 tras frealo como ministra e avalar o seu veto irregular como presidenta do Congreso
Pastor alegou como titular de Fomento que transferir a AP-9 a Galicia era ilegal e na presidencia do Congreso deu soporte ao veto do Goberno do PP de Rajoy a tramitar a lei para traspasala aínda que se basease en datos erróneos e, segundo os letrados da Cámara, fose irregular. Agora, como candidata popular ao Congreso por Pontevedra, afirma que "temos palabra, non mentimos á xente" e "comprometémonos, por suposto" co traspaso da AP-9