- Galería Xerais 23X
- Política
A calma da reflexión antes da tempestade do voto
Candidatos e candidatas aproveitan a xornada previa aos comicios para seguir amosándose en público pero xa sen poder pedir o voto
Candidatos e candidatas aproveitan a xornada previa aos comicios para seguir amosándose en público pero xa sen poder pedir o voto
Nas provincias de Lugo e Ourense, o PSdeG apela tamén a votantes de Sumar e mais do BNG, cuxa líder subliña que a formación soberanista "disputa escanos ao PP nas catro provincias", argumento ao que tamén apunta Sumar. O PP clama por "unir o voto" para ter as menores fugas posibles cara á extrema dereita de Vox. Por tras destas consideracións, alén da obvia vontade por captar votantes, está o funcionamento do sistema electoral: dende o limiar do 3% para obter representación ao sistema d'Hondt para asignar escanos
"Naquel momento era contrabandista", responde o líder do PP nunha entrevista, preguntado pola relación co logo condenado por narcotráfico.
O candidato popular teima en recorrer a ETA como baza electoral tras empregala de xeito reiterado como presidente da Xunta como estratexia de defensa dalgunhas das súas medidas máis polémicas
Nun ateigado mitin, Sánchez e Besteiro piden o voto a simpatizantes do PP "que non están tranquilos cos pactos do odio" e, no caso lucense, tamén a simpatizantes do BNG e Sumar, porque "todos os votos que non sexan socialistas nesta provincia só axudan a Feijóo"
A dirección xeral dos medios públicos galegos leva catorce anos ocupada por Sánchez Izquierdo a pesar de que a lei de medios de 2011 fixa a elección dunha nova. O líder do PP gaba o "selo de independencia das canles públicas" e pide "afondar nel".
O candidato popular pasa de reclamar máis fondos para Galicia cando presidía a Xunta a obviala no seu programa electoral ao tempo que aloumiña as comunidades máis poboadas do Mediterráneo que poden decantar as eleccións
A comezos deste ano a Audiencia Nacional condenou o Estado a indemnizar a unha construtora por decisións tomadas baixo os mandatos de Ana Pastor e Íñigo de la Serna, ademais do socialista José Blanco
Os líderes de PSOE e Sumar amosan no debate de RTVE a súa vontade de seguiren gobernando xuntos e advirten dos riscos que suporía a dereita para a clase traballadora ou o combate fronte á crise climática e a violencia machista. En ausencia de Feijóo, Abascal aproveitou a súa representación exclusiva da banda dereita para expoñer as prioridades negacionistas que trasladaría ao Goberno de España se logra chegar xunto ao PP
Breogán Riobóo e Carmen Santos piden o voto para o Bloque xunto a representantes do mundo da cultura xunto a Ana Pontón, que sinala que o voto á formación soberanista é o "orgullosamente galego, libre e sen complexos" nas eleccións xerais do domingo
"Agora é máis doado saber cousas, porque hai internet, hai Google", di Feijóo, que volve presentarse como "vítima" de "ameazas" a respecto da súa relación con Dorado por parte de rivais políticos