A patronal galega pide un goberno "moderado" en España que reduza impostos aos ricos e baixas laborais
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, reclama "o cese de ataques institucionais ao empresariado" e "un sistema de elaboración de normas sosegado e racional", ademais de "reducir as cotizacións empresariais á Seguridade Social".