O colectivo ultracatólico Abogados Cristianos asegura que un xulgado de Santiago admitiu a trámite a súa querela contra o actor Carlos Santiago polo pregón do Entroido compostelán.

O colectivo ultracatólico Abogados Cristianos asegura que un xulgado de Santiago admitiu a trámite a súa querela contra o actor Carlos Santiago polo pregón do Entroido compostelán.
O Congreso aproba co acordo de todos os grupos unha prórroga da comisión de investigación sobre Angrois por catro meses, tempo necesario para que declaren todos os comparecentes previstos e elaborar as súas conclusións. Este mércores compareceron os cargos de Adif e Renfe imputados na causa xudicial, que negaron recibir presións políticas ou comerciais.
O Resurrection Fest anuncia novos grupos para 2019 a uns días de que se produza un novo aumento do prezo dos abonos. Within Temptation, Cradle of Filth ou As I Lay Dying son algunhas das novas bandas confirmadas á espera de que o próximo martes anuncien un novo cabeza de cartel.
O Supremo establece que é o banco e non o cliente quen debe abonar o imposto das hipotecas. O alto tribunal rectifica a súa propia xurisprudencia.
O deán da Catedral de Santiago advirte de que será "complicado" visitala se seguen a aumentar os turistas. "Sinceramente, non lle vexo moita solución", afirma Segundo Pérez en declaracións que recolle Faro de Vigo.
Unanimidade do Congreso para pedir que a Filosofía volva ser obrigatoria no Bacharelato, acordo que xa se dera no Parlamento galego. Deixara de selo coa Lei Wert e a súa eliminación dera lugar a unha ampla mobilización de docentes, alumnado e formacións políticas.
Fariña, da galega Bambú Producciones, Premio Ondas á mellor serie televisiva.
A Confederación de Empresarios de Pontevedra revela que o seu presidente reuniuse este martes con Feijóo, encontro que non foi incluído na axenda oficial da Xunta. A patronal eloxia que Galicia sexa das primeiras en ter orzamentos para o próximo ano e critica o pacto do Goberno central con Unidos Podemos para a suba do salario mínimo.
Alcoa anuncia o peche das súa plantas na Coruña e Avilés. Consulta aquí toda a información
A ex-conselleira Beatriz Mato cesa como vogal no Porto da Coruña en representación da Xunta. A agora deputada e candidata do PP á alcaldía coruñesa era membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria dende 2013, cando aínda era conselleira de Traballo e Benestar.