Falecen catro persoas e seis resultan feridas en tres accidentes de tráfico en Brión, Ames e Pontecaldelas, segundo informa o 112, que lembra que están activos avisos laranxas e amarelos por vento e chuvia en boa parte de Galicia.
Fálase
O que arde supera os 50.000 espectadores en só tres semanas e inicia a súa cuarta semana de exhibición con pases regulares en 29 salas de todo o Estado. A película de Óliver Laxe convértese no filme en versión orixinal galega máis visto desde Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, estreada en 1989.
As principais forzas políticas iniciaron esta noite a campaña das eleccións do 10N coa tradicional pegada de carteis
Vinte filmes galegos para ver na ponte dos Defuntos. Coa noite do Samaín comeza a ponte dos Santos e VINTE trae consigo unha escolma de 20 filmes de terror de directores galegos ou rodadas en Galicia ideais para estes días.
Pilar Pallarés gaña o Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Cultura con Tempo fósil. Nesta entrevista de Montse Dopico a poeta debulla algunhas das claves deste poemario.
Twitter anuncia a fin da propaganda política pagada nesta rede social. "Pensamos que o alcance das mensaxes políticas hai que gañalo, non mercalo", explica Jack Dorsey, un dos fundadores da compañía, mentres medran a nivel global os receos pola manipulación política noutras redes como Facebook e tras varias controversias por redes de contas falsas de Twitter con esta finalidade. Esta medida non atinxe ás eleccións xerais do 10N, porque Twitter non comezará a aplicala ata o día 22 de novembro.
A editorial Kalandraka leva dous galardóns nos premios aos libros mellor editados en 2018, concedidos polo Ministerio de Cultura. Na categoría infantil e xuvenil o certame distingue Cándido e os demais, de Fran Pintadera, co primeiro premio e Cara de velocidade, de Marga Tojo, co terceiro.
Sofía e Mateo foron os nomes máis comúns das nenas e nenos que naceron en Galicia durante o ano 2018. O IGE vén de actualizar a súa estatística de nomes da poboación; podes buscar os nomes máis frecuentes do 2018 na táboa interactiva baixo estas liñas ou consultares os datos de anos e décadas anteriores nesta ligazón
Este 31 de outubro chega a Praza.gal un novo episodio de Concienciadas, o noso espazo de divulgación científica. Agora que chega o tempo das gripes e de protexerse contra elas, Iria Veiga e Javier Balea explicarannos como funcionan as vacinas.
Os representantes sindicais pechados na Consellería de Educación na mañá deste mércores retíranse tras aceptar a conselleira recibilos a próxima semana. CIG, CCOO, ANPE e UGT reclaman negociar a volta ao seu horario lectivo previo aos recortes da crise.