Este 31 de outubro chega a Praza.gal un novo episodio de Concienciadas, o noso espazo de divulgación científica. Agora que chega o tempo das gripes e de protexerse contra elas, Iria Veiga e Javier Balea explicarannos como funcionan as vacinas.
Fálase
Os representantes sindicais pechados na Consellería de Educación na mañá deste mércores retíranse tras aceptar a conselleira recibilos a próxima semana. CIG, CCOO, ANPE e UGT reclaman negociar a volta ao seu horario lectivo previo aos recortes da crise.
O ‘Libro das Invasións’, coa primeira referencia a Breogán, está xa na Cidade da Cultura tras saír por primeira vez de Irlanda. Será unha das pezas estrela da exposición ‘Galicia, un relato no mundo’, xunto co Cancioneiro da Vaticana ou o Guerreiro de Lesenho.
Representantes sindicais péchanse na Consellería de Educación para esixir a negociación da devolución do horario lectivo. Os catro sindicatos da mesa sectorial (CIG, CCOO, ANPE e UGT) pretenden ser recibidos pola conselleira aínda que anuncian que o departamento xa advertiu de que Carmen Pomar non accedería a esa xuntanza.
Estragan con pintadas ultradereitistas o monumento que lembra na Coruña ás vítimas da represión franquista (Imaxe: @CorunhaAntifa). O conxunto escultórico sitúase no barrio de Monte Alto e encabézao o poema Paz para sempre de Claudio Rodríguez Fer, xunto ao nome de 600 persoas represaliadas polos golpistas.
O Constitucional avala o despedimento por absentismo aínda que a ausencia ao traballo estea xustificada por baixa médica.
Xosé Manuel Núñez Seixas obtén o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura na modalidade de Ensaio pola súa obra 'Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018'. Núñez Seixas, catedrático da USC en excedencia e actualmente da Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich, é tamén vicepresidente do Consello da Cultura Galega e ten unha ampla produción sobre os nacionalismos, a emigración ou exilio.
10N | O CIS augura unha cómoda vitoria do PSOE nas eleccións xerais do 10N con ata 150 escanos, moi por riba da tendencia xeral dos inquéritos. O seu barómetro prevé que o PP ascenda ata chegar a un máximo de 81 escanos e sinala que Unidas Podemos e as súas confluencias poderían lograr ata 45. Prevé un devalo de Ciudadanos e non augura un forte ascenso de Vox. O traballo de campo foi realizado do 21 de setembro ao 13 de outubro, antes da sentenza do procés e da exhumación de Franco. Consulta neste espazo de Praza.gal toda a información e os datos galegos
O Museo do Pobo Galego fai hoxe 42 anos e celébrao cunha xornada de portas abertas. Recuperamos esta peza na que hai dous anos, cadrando co cuadraxésimo aniversario da institución, repasamos unha ducia de razóns para visitalo.
Feijóo desmárcase das críticas de Transición Ecolóxica a Endesa por presentar "contras trucadas" sobre As Pontes e especula sobre se a ministra "ten algún problema" coa firma. "Galicia non ten ningunha responsabilidade no que fan as empresas", asegura o presidente da Xunta, que di que hai unha "crise que incentiva o Goberrno central".