O Museo do Pobo Galego fai hoxe 42 anos e celébrao cunha xornada de portas abertas. Recuperamos esta peza na que hai dous anos, cadrando co cuadraxésimo aniversario da institución, repasamos unha ducia de razóns para visitalo.
Fálase
Feijóo desmárcase das críticas de Transición Ecolóxica a Endesa por presentar "contras trucadas" sobre As Pontes e especula sobre se a ministra "ten algún problema" coa firma. "Galicia non ten ningunha responsabilidade no que fan as empresas", asegura o presidente da Xunta, que di que hai unha "crise que incentiva o Goberrno central".
O INE rastrexará o movemento dos teléfonos móbiles en todo o Estado durante oito días de novembro. É unha información do xornal El País, que debulla o acordo do organismo estatal con Movistar, Vodafone e Orange. As compañías subliñan que os datos serán fornecidos de xeito anónimo.
A que foi tumba de Franco durante 44 anos xa está tapada con novas lousas no mausoleo do 'Valle de los Caídos'. O Goberno de España divulgou imaxes dos traballos posteriores á exhumación do ditador. (Imaxe: Secretaría de Estado de Comunicación)
Comeza en Madrid o xuízo contra a antiga cúpula de Caixanova por unha operación inmobiliaria de 40 millóns de euros presuntamente delituosa.
Suspendido o inicio do xuízo ao asasino confeso de Diana Quer por non poder conformarse o xurado popular. O Tribunal Superior de Xustiza confirma que este luns foran convocadas 21 persoas para conformar o xurado, conformado por unha vintena, pero dúas elas formularon alegacións para non participar e que se axustan ás condicións legais. O proceso fica adiado ata o 11 de novembro.
Hoxe comeza na sección sexta da Audiencia da Coruña, con sede en Santiago, o xuízo ao asasino confeso de Diana Quer. José Enrique Abuín é acusado de asasinato, agresión sexual e detención ilegal e a Fiscalía pide para el prisión permanente revisable.
O Frente de Todos gaña as eleccións na Arxentina e Alberto Fernández será o novo presidente tras derrotar o dereitista Mauricio Macri co 48% dos votos. Máis información, hoxe en Praza.gal
10N | Varias enquisas sitúan o PSOE como primeira forza, mais estancado en niveis semellantes ou un chisco inferiores ás xerais de abril. Mentres, o PP aséntase nos 100 escanos e Vox segue a medrar sobre o devalo de Ciudadanos. Así o reflicte o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es e, entre outros, tamén o de GAD3 para ABC, que augura que o PP volverá ser primeira forza en Galicia.
O Deportivo segue no máis alto da clasificación da Primeira tras vencer 3-1 en Abegondo ao CD Tacón, que dende a vindeira tempada será o equipo feminino do Real Madrid.