A que foi tumba de Franco durante 44 anos xa está tapada con novas lousas no mausoleo do 'Valle de los Caídos'. O Goberno de España divulgou imaxes dos traballos posteriores á exhumación do ditador. (Imaxe: Secretaría de Estado de Comunicación)
Fálase
Comeza en Madrid o xuízo contra a antiga cúpula de Caixanova por unha operación inmobiliaria de 40 millóns de euros presuntamente delituosa.
Suspendido o inicio do xuízo ao asasino confeso de Diana Quer por non poder conformarse o xurado popular. O Tribunal Superior de Xustiza confirma que este luns foran convocadas 21 persoas para conformar o xurado, conformado por unha vintena, pero dúas elas formularon alegacións para non participar e que se axustan ás condicións legais. O proceso fica adiado ata o 11 de novembro.
Hoxe comeza na sección sexta da Audiencia da Coruña, con sede en Santiago, o xuízo ao asasino confeso de Diana Quer. José Enrique Abuín é acusado de asasinato, agresión sexual e detención ilegal e a Fiscalía pide para el prisión permanente revisable.
O Frente de Todos gaña as eleccións na Arxentina e Alberto Fernández será o novo presidente tras derrotar o dereitista Mauricio Macri co 48% dos votos. Máis información, hoxe en Praza.gal
10N | Varias enquisas sitúan o PSOE como primeira forza, mais estancado en niveis semellantes ou un chisco inferiores ás xerais de abril. Mentres, o PP aséntase nos 100 escanos e Vox segue a medrar sobre o devalo de Ciudadanos. Así o reflicte o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es e, entre outros, tamén o de GAD3 para ABC, que augura que o PP volverá ser primeira forza en Galicia.
O Deportivo segue no máis alto da clasificación da Primeira tras vencer 3-1 en Abegondo ao CD Tacón, que dende a vindeira tempada será o equipo feminino do Real Madrid.
Antía Yáñez gaña o III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade coa obra Plan de rescate. O certame está impulsado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e a Editorial Xerais. (Imaxe: ©Alberto Lora/ Galaxia)
10N | PP e PSdeG empatarían a 10 escanos por Galicia, onde En Común-Unidas Podemos mantería os 2 que ten e o BNG volvería ter representación no Congreso cun escano pola Coruña, segundo a enquisa de Sondaxe que este domingo publica o xornal La Voz de Galicia. O escano que sumarían os populares e o que lograría o Bloque perderíaos Ciudadanos, que volvería desaparecer das circunscricións galegas.
Masiva manifestación en Barcelona en reclamación da liberdade dos dirixentes independentistas condenados polo Supremo a entre 9 e 13 anos de prisión. Segundo a Garda Urbana da capital catalá, a asistencia rolda as 350.000 persoas. Nesta ligazón, os actos centrais da mobilización, ao vivo (Imaxe: ANC)