O dicionario da RAG incorpora a acepción "lugar ou espazo dentro dunha instalación hospitalaria onde se atenden os partos" á entrada "paridoiro" e suma tamén a locución "sala de partos" como sinónimo. O uso do termo aumentou ao fío da controversia polo peche do paridoiro de Verín. Explícano no Portal das Palabras (Imaxe: Portal das Palabras da RAG)
