Morre aos 79 anos a actriz Anna Karina, icona da Nouvelle Vague e protagonista de filmes como Bande à part, Pierrot le fou ou Vivre sa vie
Fálase
Os traballadores de Alcoa manifestáronse en Lugo en demanda "dun marco enerxético estable" que garanta el futuro da planta de San Cibrao.
O Concello da Coruña iniciará no primeiro trimestre do 2020 os trámites para constituír un operador municipal de enerxía a través de Emalcsa. Esta medida forma parte dos acordos entre PSdeG-PSOE e Marea Atlántica para o Goberno da cidade e únese a outras, como a gratuidade das escolas de 0 a 3 anos. O operador enerxético público vai na liña do que xa funciona en Barcelona, do que falamos nesta entrevista con Lluís Basteiro, un dos seus impulsores.
40 concentracións en cidades e vilas galegas, convocadas por Vía Galega, reclamaron políticas para frear a emigración baixo o lema “Non emigramos, expúlsannos. Soberanía e traballo digno”
O Consello de Ministros aproba un decreto co que aclarar canto debe compensar a Audasa pola gratuidade das peaxes do Morrazo e a A Barcala, que cifra para este ano en 7 millóns de euros. Ata 2017 a cifra era o dobre, asumida a medias coa Xunta, pero o Goberno central considerou que a concesionaria levaba unha década obtendo un “enriquecemento inxusto” e modificou a fórmula de cálculo, fronte a proposta de Audasa de restablecer a peaxe. Agora Fomento vese obrigado a elaborar este decreto interpretativo porque, di, “desde 2006 ata a data producíronse diversas modificacións do contrato que aconsellaban clarificar a forma de cálculo da compensación”.
A Mesa do Congreso rexeita crear os dous grupos propostos a partir do Grupo Mixto, seguindo o ditame en contra dos letrados da Cámara, e dá unha semana máis de prazo para a súa constitución. Un deles era o Grupo Múltiple, formado por Más País, JxCat, Compromís e BNG.
Boris Johnson obtén unha maioría absoluta esmagadora nas eleccións do Reino Unido, con 363 escanos, case 40 por riba da maioría absoluta. A vitoria conservadora facilita o camiño para o Brexit. En Escocia o SNP obtén 48 dos 59 escanos, e albíscase a opción dun segundo referendo independentista.
Máis dun milleiro de docentes manifestáronse en Santiago pola recuperación do horario lectivo nunha xornada de folga que tivo un seguimento do 60% segundo os sindicatos.
A Unesco declara Patrimonio Inmaterial da Humanidade os caretos da vila portuguesa de Podence. Estes personaxes son tradicionais no Entrudo Chocalheiro de Tras os Montes.
María Dolores Rivera Frade convértese mañá na primeira muller en presidir unha Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Rivera Frade estará á fronte da sala do Contencioso-Administrativo. No acto tamén tomará posesión Luis Fernando de Castro como presidente da sala do Social, ata agora encabezada polo novo presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde. (Imaxe: CGPJ)