O Consello de Ministros aproba un decreto co que aclarar canto debe compensar a Audasa pola gratuidade das peaxes do Morrazo e a A Barcala, que cifra para este ano en 7 millóns de euros. Ata 2017 a cifra era o dobre, asumida a medias coa Xunta, pero o Goberno central considerou que a concesionaria levaba unha década obtendo un “enriquecemento inxusto” e modificou a fórmula de cálculo, fronte a proposta de Audasa de restablecer a peaxe. Agora Fomento vese obrigado a elaborar este decreto interpretativo porque, di, “desde 2006 ata a data producíronse diversas modificacións do contrato que aconsellaban clarificar a forma de cálculo da compensación”.
