Besteiro reclama a Rueda que destitúa a Diego Calvo polas "manobras escuras" na "exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030". Tras transcender a exclusión de Balaídos a última hora para acoller partidos da cita mundialista, o secretario xeral do PSdeG coida que o conselleiro con competencias en materia deportiva debe abandonar o cargo "polas afirmacións nunha carta" ao Concello vigués "onde dicía que sentía que as posibles carencias" da proposta "xunto coa ausencia de influencia do goberno local" non permitise que a candidatura viguesa "pasase o corte". A xuízo do socialista, o que realmente aconteceu foi unha "manipulación" e unha "manobra política contra Vigo" e por iso o presidente da Xunta, agrega, debería reclamar tamén que "aflore" toda a documentación manexada ao respecto.
