O Arquivo de Galicia incorpora 370 mapas meteorolóxicos de Santiago Pemán. No marco do Día Meteorolóxico Mundial, MeteoGalicia fai oficial a cesión deste "legado de valor patrimonial excepcional para o pobo galego", en verbas do conselleiro de Cultura, José López Campos. Os máis antigos datan de 1954 e están elaborados a man. Os máis recentes son da década dos anos 90 do século pasado, cando Pemán acadou enorme popularidade como home do tempo da Televisión de Galicia. O Goberno galego agradece a Pemán, "o home do tempo por excelencia" que "no seu día doase estes mapas a MeteoGalicia para, co tempo, converterse en auténticos tesouros. Na imaxe, o titular de Cultura e a súa homóloga de Medio Ambiente, no acto que fixo oficial a cesión, este venres na sede do Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, e Santiago Pemán durante a súa etapa na TVG [CC BY-SA Xunta / © CRTVG]