A borrasca Martinho deixa en Galicia fortes ventos, con refachos de ata 166 km/h na provincia de Ourense e numerosas incidencias. No mar hai ventos de forza 8 e ondas de máis de 4 metros.

A borrasca Martinho deixa en Galicia fortes ventos, con refachos de ata 166 km/h na provincia de Ourense e numerosas incidencias. No mar hai ventos de forza 8 e ondas de máis de 4 metros.
Galicia acolle 90 menores migrantes e avisa de que non ten "ningunha praza" para os 326 que prevé a repartición do Goberno central. A conselleira Fabiola García anuncia accións legais contra o Executivo de España.
Activada a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña e Pontevedra. A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa de que os efectos do temporal comezarán a sentirse esta madrugada no oeste e suroeste da costa coruñesa e en todo o litoral da provincia de Pontevedra, con vento do sureste de ata forza 9, con rachas moi fortes, e mar combinada do sur ou suroeste con ondas de ata 7 metros. Ademais, a causa do nivel de alerta a Xunta suspende a actividade deportiva federada no mar para este xoves tanto nas áreas da Coruña como de Pontevedra. Foto: Meteogalicia.
Astérix e Obélix comen bacalhau. Lusitania será a vixésima quinta viaxe dos personaxes creados por Goscinny e Uderzo. A gastronomía e as paisaxes deste país no extremo suroeste do Imperio romano serán protagonistas no cómic número 41 de Astérix e Obélix, con guión de Fabcaro e ilustracións de Didier Conrad. Os tradutores Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar ocúpanse da versión en galego, que chegará ás librarías o vindeiro 23 de outubro da man de Edicións Xerais. [📸 Imaxe da cuberta provisional do cómic © Xerais]
Xabier Deive recibe a título póstumo o Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices. "Con este galardón -explica a AAAG- distínguese a traxectoria do desaparecido actor ao tempo que se celebra a súa dimensión humana e o gran cariño que sentía e segue a sentir tanto a profesión escénica como o público polo intérprete". A asociación entrega este premio honorífico no marco dos seus galardóns anuais, os María Casares. "A AAAG non concibe a concesión deste galardón como unha despedida nin como un epílogo, senón como unha celebración plena e agarimosa da figura de Xabier Deive", falecido en xullo de 2024. Será "un festexo colectivo da persoa, do intérprete e do compañeiro", agregan. [Imaxe: © AAAG]
Israel rompe a tregua en Gaza e mata máis de 300 persoas. O goberno de Netanyahu retoma a guerra total mentres aumentan as súas crises internas. Na imaxe, vivendas destruídas en Gaza por anteriores ataques israelís [© UNRWA]
O DOG publica a nova lei dos medios públicos e inicia o contador para a súa entrada en vigor. En vinte días comezan a correr os prazos que terán como primeiros fitos o cambio de nome da actual CRTVG e a activación do proceso para remudar a dirección xeral, substitución que en virtude do novo texto só precisa os votos do PP. Pola mesma vía cumprirá elixir outra volta o consello de administración.
Folga nas residencias privadas da terceira idade e nos centros de día. A CIG confirma a convocatoria da mobilización para os días 10 e 22 de abril e mais o 7 e 21 e maio en demanda do "convenio digno" ao que "se nega a patronal". "Unhas 8.000 das 12.000 persoas ocupadas neste sector están por baixo do salario mínimo", subliña o sindicato, que sacará a protesta á rúa cunha manifestación o 26 de abril en Santiago na que tamén procurarán facer ver a situación de "falta de persoal e sobrecarga de trabalo". "Son condicións de escravitude", afirman as traballadoras. [Imaxe: CC BY-NC-SA CIG]
O derbi galego da ACB entre o Básquet Coruña e o Río Breogán finaliza con vitoria lucense por 98-106 tras un intenso encontro seguido ao vivo por 9.236 persoas no Coliseum da Coruña nun clima de irmandade entre afeccións, que principiaron o partido entoando ao unísono o himno galego. O conxunto breoganista chegou a dispor dunha vantaxe de 27 puntos e o equipo coruñés estivo a piques de culminar a remonta, achegándose a só catro puntos pouco antes do remate do encontro. [Imaxe: Concello da Coruña]
Altri non! As vilas da bacía do Ulla protestan este domingo contra o proxecto da celulosa. A Plataforma Ulloa Viva convoca a veciñanza da bacía do Ulla a sair ás prazas das súas vilas ás 12 horas deste domingo "para berrar alto e claro Altri Non!" O colectivo anunciou que “exercitará todas as medidas administrativas e xudiciais en contra das resolucións que autoricen o proxecto Altri”. Tamén en Pontevedra a APDR convoca unha concentración ao mediodía na Praza da Peregrina.
[Na imaxe: concentración no Pico Sacro, este sábado]