O DOG publica a nova lei dos medios públicos e inicia o contador para a súa entrada en vigor. En vinte días comezan a correr os prazos que terán como primeiros fitos o cambio de nome da actual CRTVG e a activación do proceso para remudar a dirección xeral, substitución que en virtude do novo texto só precisa os votos do PP. Pola mesma vía cumprirá elixir outra volta o consello de administración.
