O derbi galego da ACB entre o Básquet Coruña e o Río Breogán finaliza con vitoria lucense por 98-106 tras un intenso encontro seguido ao vivo por 9.236 persoas no Coliseum da Coruña nun clima de irmandade entre afeccións, que principiaron o partido entoando ao unísono o himno galego. O conxunto breoganista chegou a dispor dunha vantaxe de 27 puntos e o equipo coruñés estivo a piques de culminar a remonta, achegándose a só catro puntos pouco antes do remate do encontro. [Imaxe: Concello da Coruña]
