O presidente de RTVE confirma á Mesa pola Normalización Lingüística que este ano "haberá un aumento de contidos en galego en TVE e comezarán as emisións en galego" na canle infantil Clan. José Pablo López, como xa avanzara o pasado xaneiro, reafirmou a a Marcos Maceira e Celia Armas en representación da entidade galega que "tamén se incrementará a presenza da nosa lingua nos contidos radiofónicos do ente estatal", sinalan. A Mesa ve estes avances como froito da "mobilización e da iniciativa popular Xabarín", para a que logrou o apoio do Parlamento en 2021. Na imaxe, a xuntanza coa Mesa na sede de RTVE, este mércores. [Imaxe: A Mesa]
- HEMEROTECA | Menos do 5% da programación televisiva infantil emítese en galego
- HEMEROTECA | "O do Xabarín non é nostalxia, é cabreo. É moita a xente que di: 'de rapaz tiven unha oportunidade que hoxe os meus fillos non teñen'"
- HEMEROTECA | Máis da metade da audiencia dos medios de comunicación reclama máis contido en galego
