Miguel Fernández, elixido alcalde de Lugo con 13 votos a favor. O socialista accede á alcaldía un ano despois de renunciar para dar paso a Paula Alvarellos, que faleceu dunha crise cardíaca hai dez días. Foto: Concello de Lugo.

Miguel Fernández, elixido alcalde de Lugo con 13 votos a favor. O socialista accede á alcaldía un ano despois de renunciar para dar paso a Paula Alvarellos, que faleceu dunha crise cardíaca hai dez días. Foto: Concello de Lugo.
Transportes insiste en que o rescate da AP-9 "non é viable" polos gastos "inasumibles" que suporía e culpa o goberno de José María Aznar por ampliar a concesión. A secretaria xeral de Transportes Terrestres, Marta Serrano, advirte dos "efectos lesivos moi importantes" que tería a medida.
A nova lei do alcohol permitirá realizar probas de alcoholemia en centros educativos. Prohibe o consumo e venda en áreas escolares, deportivas e de lecer con presenza maioritaria de menores e veta a publicidade e patrocinio a menos de 150 metros de lugares frecuentados por eles. Foto: CC-BY-NC bellmon1.
Aprobada a nova lei dos medios públicos no Parlamento coa maioría absoluta do PP. O pleno trascorre coa protesta de traballadoras e traballadores da CRTVG en folga.
O Instituto Galego de Estatística pasa a ter dependencia orgánica directa do presidente da Xunta. O Goberno galego adscribe o IGE á nova Oficina de Coordinación Económica da Presidencia dentro dun plan que, di busca converter este órgano nun "centro de datos que apoie a Administración autonómica na toma de decisións" e inclúe lanzar un contrato para que "empresas tecnolóxicas poidan ofrecer os seus servizos para centralizar, xestionar e explotar os distintos datos dos que dispón a Xunta". Ese plan foi incluído nun informe que tratou este luns o Consello da Xunta, presidido polo conselleiro Diego Calvo en ausencia de Alfonso Rueda, de viaxe oficial no Uruguai. Na imaxe, Rueda nas instalacións de San Caetano [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
A Catedral de Lugo acolle un funeral na memoria da alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, con ampla representación institucional. O acto, impulsado polo Bispado lucense, celebrouse na véspera da toma de posesión do socialista Miguel Fernández como novo alcalde, que será elixido no pleno municipal convocado para as 19:00 deste martes. Fernández encabezou ata o templo unha comitiva conformada por toda a corporación municipal, dentro da que os membros do BNG ficaron no adro da basílica para secundaren a homenaxe á rexedora falecida, pero non cerimonia relixiosa. [Imaxe: Concello de Lugo]
Anticorrupción abre unha investigación a Vox por financiamento irregular. As pescudas da Fiscalía Anticorrupción xorden da denuncia interposta polo PSOE en decembro e céntranse na orixe de 4,6 millóns de euros de préstamos. Foto: © Vox
A Festa da Filloa de Lestedo celebra o seu día grande como Festa de Interese Turístico Nacional e entrega os seus Mandís de Honra. Foron distinguidos polo seu apoio e colaboración o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles; a presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, María Alonso; e a xornalista e directora do informativo Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega, Isabel Pichel.
Mobilizacións da mañá á tarde este 8M, Día internacional da muller, en toda Galicia.
Ana Peleteiro, campioa de Europa en triplo salto. A ribeirense sitúase por segunda vez como a mellor atleta europea nesta disciplina, tras saltar 14.37 metros. [📸 @atletismoRFEA]