Aberto o prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas. As familias poden solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 4 de abril, segundo publicou este venres o DOG

Aberto o prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas. As familias poden solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 4 de abril, segundo publicou este venres o DOG
Víctor Freixanes remata a súa etapa como presidente da Real Academia Galega tras oito anos á fronte da institución. Polo de agora ocupará interinamente a presidencia a secretaria, Margarita Ledo Andión, a quen lle corresponde poñer en marcha o proceso electoral. Os estatutos da Academia establecen un período non superior a tres mes para a elección da nova comisión executiva.
[Imaxe: xuntanza do Plenario celebrada na tarde deste venres no pazo de María Pita]
Os socialistas de Lugo convocan congreso provincial o 10 de maio. O calendario aprobado establece que o proceso congresual comezará coa presentación de precandidaturas ás primarias entre os días 24 e 28 de marzo, seguido do período de recollida de avais ata o 7 de abril. A primeira volta das primarias para elixir a Secretaría Xeral Provincial terá lugar o 27 de abril.
[Imaxe: Reunión do Comité Provincial do PSdeG de Lugo]
CDU, SPD e Verdes chegan a un acordo para unha modificación da Constitución alemá que permita un maior endebedamento para poder incrementar o gasto militar e en Defensa. Os Verdes uníronse ao acordo tras ofrecerlles Friedrich Merz un fondo para o clima de 100.000 millóns de euros.
Luz verde ambiental da Xunta a Altri. A Consellería de Medio Ambiente aproba a declaración de impacto ambiental da celulosa, unicamente supeditada a varias condicións adicionais e un "programa de vixilancia ambiental".
Portugal anticipa as eleccións ao 18 de maio, a terceira cita coas urnas para a elección da Assembleia da República en catro anos. O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, dirixiuse este xoves á cidadanía para avanzar uns comicios "que ninguén quería", pero resultaron inevitables ao estar en dúbida a "ética" do Primeiro Ministro. O presidente portugués instou a todos os partidos, e á sociedade no seu conxunto, a un debate electoral "claro, directo, esclarecedor, pero sereno, digno, elevado, tolerante, respectuoso coa diferenza e o pluralismo. Que fortaleza e non debilite a democracia, e que non abra aínda máis a porta a experiencias que se sabe como empezan e como acaban".
A Xunta convoca mañá unha comparecencia da conselleiras de Medio Ambiente e Economía para "informar sobre a tramitación de proxectos estratéxicos para a Comunidade". Será ás 10 da mañá cando falen ante os medios Ángeles Vázquez e María Jesús Lorenzana.
O presidente de RTVE confirma á Mesa pola Normalización Lingüística que este ano "haberá un aumento de contidos en galego en TVE e comezarán as emisións en galego" na canle infantil Clan. José Pablo López, como xa avanzara o pasado xaneiro, reafirmou a a Marcos Maceira e Celia Armas en representación da entidade galega que "tamén se incrementará a presenza da nosa lingua nos contidos radiofónicos do ente estatal", sinalan. A Mesa ve estes avances como froito da "mobilización e da iniciativa popular Xabarín", para a que logrou o apoio do Parlamento en 2021. Na imaxe, a xuntanza coa Mesa na sede de RTVE, este mércores. [Imaxe: A Mesa]
Inditex bate o seu récord de beneficios por terceiro ano consecutivo, ata 5.866 millóns de euros tras un incremento do 9%. As vendas netas alcanzan os 38.632 millóns, un 7,5% máis. Foto: Inditex.
O primeiro ministro de Portugal perde a moción de confianza e o país luso encamíñase a unhas novas eleccións. "As coisas são o que são. Nós tentamos tudo", dixo Luís Montenegro. Foto: CC BY EPP.