Luz verde ambiental da Xunta a Altri. A Consellería de Medio Ambiente aproba a declaración de impacto ambiental da celulosa, unicamente supeditada a varias condicións adicionais e un "programa de vixilancia ambiental".

Luz verde ambiental da Xunta a Altri. A Consellería de Medio Ambiente aproba a declaración de impacto ambiental da celulosa, unicamente supeditada a varias condicións adicionais e un "programa de vixilancia ambiental".
Portugal anticipa as eleccións ao 18 de maio, a terceira cita coas urnas para a elección da Assembleia da República en catro anos. O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, dirixiuse este xoves á cidadanía para avanzar uns comicios "que ninguén quería", pero resultaron inevitables ao estar en dúbida a "ética" do Primeiro Ministro. O presidente portugués instou a todos os partidos, e á sociedade no seu conxunto, a un debate electoral "claro, directo, esclarecedor, pero sereno, digno, elevado, tolerante, respectuoso coa diferenza e o pluralismo. Que fortaleza e non debilite a democracia, e que non abra aínda máis a porta a experiencias que se sabe como empezan e como acaban".
A Xunta convoca mañá unha comparecencia da conselleiras de Medio Ambiente e Economía para "informar sobre a tramitación de proxectos estratéxicos para a Comunidade". Será ás 10 da mañá cando falen ante os medios Ángeles Vázquez e María Jesús Lorenzana.
O presidente de RTVE confirma á Mesa pola Normalización Lingüística que este ano "haberá un aumento de contidos en galego en TVE e comezarán as emisións en galego" na canle infantil Clan. José Pablo López, como xa avanzara o pasado xaneiro, reafirmou a a Marcos Maceira e Celia Armas en representación da entidade galega que "tamén se incrementará a presenza da nosa lingua nos contidos radiofónicos do ente estatal", sinalan. A Mesa ve estes avances como froito da "mobilización e da iniciativa popular Xabarín", para a que logrou o apoio do Parlamento en 2021. Na imaxe, a xuntanza coa Mesa na sede de RTVE, este mércores. [Imaxe: A Mesa]
Inditex bate o seu récord de beneficios por terceiro ano consecutivo, ata 5.866 millóns de euros tras un incremento do 9%. As vendas netas alcanzan os 38.632 millóns, un 7,5% máis. Foto: Inditex.
O primeiro ministro de Portugal perde a moción de confianza e o país luso encamíñase a unhas novas eleccións. "As coisas são o que são. Nós tentamos tudo", dixo Luís Montenegro. Foto: CC BY EPP.
Ucraína acepta a proposta dos EUA para declarar un alto ao fogo con Rusia de trinta días a cambio de recuperar a axuda militar. O documento acordado será agora presentado a Moscova. CC BY President of Ukraine
Miguel Fernández, elixido alcalde de Lugo con 13 votos a favor. O socialista accede á alcaldía un ano despois de renunciar para dar paso a Paula Alvarellos, que faleceu dunha crise cardíaca hai dez días. Foto: Concello de Lugo.
Transportes insiste en que o rescate da AP-9 "non é viable" polos gastos "inasumibles" que suporía e culpa o goberno de José María Aznar por ampliar a concesión. A secretaria xeral de Transportes Terrestres, Marta Serrano, advirte dos "efectos lesivos moi importantes" que tería a medida.
A nova lei do alcohol permitirá realizar probas de alcoholemia en centros educativos. Prohibe o consumo e venda en áreas escolares, deportivas e de lecer con presenza maioritaria de menores e veta a publicidade e patrocinio a menos de 150 metros de lugares frecuentados por eles. Foto: CC-BY-NC bellmon1.