Portugal anticipa as eleccións ao 18 de maio, a terceira cita coas urnas para a elección da Assembleia da República en catro anos. O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, dirixiuse este xoves á cidadanía para avanzar uns comicios "que ninguén quería", pero resultaron inevitables ao estar en dúbida a "ética" do Primeiro Ministro. O presidente portugués instou a todos os partidos, e á sociedade no seu conxunto, a un debate electoral "claro, directo, esclarecedor, pero sereno, digno, elevado, tolerante, respectuoso coa diferenza e o pluralismo. Que fortaleza e non debilite a democracia, e que non abra aínda máis a porta a experiencias que se sabe como empezan e como acaban".
