Altri non! As vilas da bacía do Ulla protestan este domingo contra o proxecto da celulosa. A Plataforma Ulloa Viva convoca a veciñanza da bacía do Ulla a sair ás prazas das súas vilas ás 12 horas deste domingo "para berrar alto e claro Altri Non!" O colectivo anunciou que “exercitará todas as medidas administrativas e xudiciais en contra das resolucións que autoricen o proxecto Altri”. Tamén en Pontevedra a APDR convoca unha concentración ao mediodía na Praza da Peregrina.
[Na imaxe: concentración no Pico Sacro, este sábado]
