Folga nas residencias privadas da terceira idade e nos centros de día. A CIG confirma a convocatoria da mobilización para os días 10 e 22 de abril e mais o 7 e 21 e maio en demanda do "convenio digno" ao que "se nega a patronal". "Unhas 8.000 das 12.000 persoas ocupadas neste sector están por baixo do salario mínimo", subliña o sindicato, que sacará a protesta á rúa cunha manifestación o 26 de abril en Santiago na que tamén procurarán facer ver a situación de "falta de persoal e sobrecarga de trabalo". "Son condicións de escravitude", afirman as traballadoras. [Imaxe: CC BY-NC-SA CIG]
- HEMEROTECA | A falta de persoal nos centros de maiores: residentes mal atendidos e traballadoras "ao límite"
- HEMEROTECA | Máis da metade das prazas de residencias de maiores en Galicia teñen xestión con ánimo de lucro
- HEMEROTECA | O TSXG acredita que residencias privadas de maiores incumprían o descanso do persoal previsto no convenio
