O PP facilita que volva estar permitido matar lobos en Galicia mediante unha emenda á lei de desperdicio alimentario. Os populares sacan adiante no Congreso canda Vox, Junts e PNV un precepto legal para retirar o lobo do Listado de Especies en Réxime de Protección especial no territorio ao norte do río Douro, no que foi inserido en 2021. A conselleira de Medio Ambiente, que acudiu ao Congreso para presenciar o debate, "aplaude" a medida e reclama ao Goberno de España que aplique decontado as reformas que correspondan para propiciar a caza do lobo. Na imaxe, Ángeles Vázquez con Miguel Tellado ante a sede da Cámara Baixa, este xoves en Madrid. [CC BY-SA Xunta]
- HEMEROTECA | A Audiencia volve rexeitar o recurso da Xunta contra a orde estatal que aumenta a protección do lobo
- HEMEROTECA | A Xunta mantén a súa defensa da caza do lobo malia que dende 2013 non se abateu ningún de forma legal en Galicia
- HEMEROTECA | O ecoloxismo celebra a prohibición da caza xeneralizada do lobo, fronte ás criticas de Xunta e algúns gandeiros
- OPINIÓN | O lobo, o algodón non engana, por Xabier Vázquez Pumariño
