En marcha outra vez o proceso para declarar a cheminea da antiga centra térmica das Pontes como Ben de Interese Cultural (BIC). A Xunta publica este venres no DOG o inicio dun expediente que xa abordou en 2022, dous anos despois de que Endesa evidenciase que a ía derrubar tras pechar o complexo industrial, pero que caducou sen chegar a estar concluído. Na imaxe, [© Endesa], a central das Pontes cando aínda estaba en funcionamento.
- HEMEROTECA | En defensa da protección da antiga central das Pontes: "O noso futuro non pode construírse derrubando o noso pasado"
- HEMEROTECA | A Xunta protexe a cheminea da central das Pontes dous anos despois de saber que Endesa a quere derrubar
- HEMEROTECA | Os impactos ambientais tras pechar a térmica das Pontes: as chemineas son patrimonio a conservar?
