Ondas de máis de cinco metros no mar e fortes chuvias complican a situación en Galicia por mor da borrasca Martinho. O vento do norte baixa as temperaturas e a cota de neve descende aos 800 metros.

Ondas de máis de cinco metros no mar e fortes chuvias complican a situación en Galicia por mor da borrasca Martinho. O vento do norte baixa as temperaturas e a cota de neve descende aos 800 metros.
O PPdeG ve "manipulados, politizados" ou con intención de "manipular" a aqueles que protesten este sábado contra Altri na Pobra. O portavoz parlamentario popular, Alberto Pazos, critica "as mentiras" de formacións como o BNG e defende un proxecto "perfectamente compatible cun futuro medioambiental en perfectas condicións".
O Arquivo de Galicia incorpora 370 mapas meteorolóxicos de Santiago Pemán. No marco do Día Meteorolóxico Mundial, MeteoGalicia fai oficial a cesión deste "legado de valor patrimonial excepcional para o pobo galego", en verbas do conselleiro de Cultura, José López Campos. Os máis antigos datan de 1954 e están elaborados a man. Os máis recentes son da década dos anos 90 do século pasado, cando Pemán acadou enorme popularidade como home do tempo da Televisión de Galicia. O Goberno galego agradece a Pemán, "o home do tempo por excelencia" que "no seu día doase estes mapas a MeteoGalicia para, co tempo, converterse en auténticos tesouros. Na imaxe, o titular de Cultura e a súa homóloga de Medio Ambiente, no acto que fixo oficial a cesión, este venres na sede do Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, e Santiago Pemán durante a súa etapa na TVG [CC BY-SA Xunta / © CRTVG]
En marcha outra vez o proceso para declarar a cheminea da antiga centra térmica das Pontes como Ben de Interese Cultural (BIC). A Xunta publica este venres no DOG o inicio dun expediente que xa abordou en 2022, dous anos despois de que Endesa evidenciase que a ía derrubar tras pechar o complexo industrial, pero que caducou sen chegar a estar concluído. Na imaxe, [© Endesa], a central das Pontes cando aínda estaba en funcionamento.
O TSXG valida o plan reitor das Fragas do Eume aprobado pola Xunta. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita o recurso interposto polo Concello de Pontedeume contra o plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume. O alto tribunal destaca que o plan reitor "ten en conta o feito de tratarse dun espazo igualmente cualificado como integrante da Rede Natura 2000".
O PP facilita que volva estar permitido matar lobos en Galicia mediante unha emenda á lei de desperdicio alimentario. Os populares sacan adiante no Congreso canda Vox, Junts e PNV un precepto legal para retirar o lobo do Listado de Especies en Réxime de Protección especial no territorio ao norte do río Douro, no que foi inserido en 2021. A conselleira de Medio Ambiente, que acudiu ao Congreso para presenciar o debate, "aplaude" a medida e reclama ao Goberno de España que aplique decontado as reformas que correspondan para propiciar a caza do lobo. Na imaxe, Ángeles Vázquez con Miguel Tellado ante a sede da Cámara Baixa, este xoves en Madrid. [CC BY-SA Xunta]
A nova alcaldesa de Viveiro propón subir o seu soldo un 35%, ata case os 60.000 euros anuais, quince días despois de acceder ao posto tras triunfar unha moción de censura contra a rexedora socialista. Mariña Gueimunde xustifica o incremento en que así cobrará o mesmo que no seu anterior cargo como xefa territorial da Consellería do Mar. Percibirá 15.500 euros ao ano máis que a súa antecesora, María Loureiro.
Xornalistas Galegas organiza este venres, 21 de marzo, o debate 'Xornalistas contra o teito de cristal e o chan pegañento' en Compostela coa presenza de Sonia Vizoso, María Varela, Antía Díaz, Rosa Veiga e María Obelleiro, moderado por Marga Tojo, que terá lugar na Casa das Mulleres Xohana Torres ás 19 horas, aberto ao público e medios de comunicación.
A borrasca Martinho deixa en Galicia fortes ventos, con refachos de ata 166 km/h na provincia de Ourense e numerosas incidencias. No mar hai ventos de forza 8 e ondas de máis de 4 metros.
Galicia acolle 90 menores migrantes e avisa de que non ten "ningunha praza" para os 326 que prevé a repartición do Goberno central. A conselleira Fabiola García anuncia accións legais contra o Executivo de España.