A Xunta mobilízase contra a oficialidade internacional da selección vasca de pelota vasca canda aos demais gobernos autonómicos do PP. Nunha carta redactada polo conselleiro de Deportes da Comunidad de Madrid e asinada polos seus homólogos populares no resto do Estado, entre eles o galego Diego Calvo -como adianta El Español-, os gobernos da formación conservadora reclaman unha xuntanza urxente coa ministra Pilar Alegría, con competencias na materia, esixindo entre outros aspectos que o combinado de Euskadi non poida eventualmente enfrontarse ao de España. Na imaxe, a selección vasca de Pelota [© Federación Vasca de Pelota] e o conselleiro Calvo, nunha imaxe recente tras presidir o Consello da Xunta [CC BY-SA Xunta]
