Berros e pancartas de "Altri Non" protagonizaron este domingo o partido do Deportivo en Riazor. Boa parte do estadio uniuse ás proclamas contra a planta prevista en Palas de Rei. Foto: BNG A Coruña.

Berros e pancartas de "Altri Non" protagonizaron este domingo o partido do Deportivo en Riazor. Boa parte do estadio uniuse ás proclamas contra a planta prevista en Palas de Rei. Foto: BNG A Coruña.
Adrián Ben remata sexto na final dos 1.500 metros do Mundial en pista cuberta de Nakín. O mariñao protagonizou un gran final de carreira tras remontar desde o último posto nas últimas voltas. Foto: RFEA.
Ana Peleteiro, bronce no mundial en pista cuberta dúas semanas despois de proclamarse campioa de Europa de triplo salto. A atleta galega suma xa nove medallas nos cinco grandes campionatos (Xogos Olímpicos, Europeo e Mundial ao aire libre e en pista cuberta). Foto: RFEA.
As vías de entrada á Pobra do Caramiñal, colapsadas pola manifestación contra Altri deste mediodía "na defensa do noso mar e da nosa terra". Toda a información, hoxe en Praza.gal. Foto: CC-BY-NC-SA BNG.
Ondas de máis de cinco metros no mar e fortes chuvias complican a situación en Galicia por mor da borrasca Martinho. O vento do norte baixa as temperaturas e a cota de neve descende aos 800 metros.
O PPdeG ve "manipulados, politizados" ou con intención de "manipular" a aqueles que protesten este sábado contra Altri na Pobra. O portavoz parlamentario popular, Alberto Pazos, critica "as mentiras" de formacións como o BNG e defende un proxecto "perfectamente compatible cun futuro medioambiental en perfectas condicións".
O Arquivo de Galicia incorpora 370 mapas meteorolóxicos de Santiago Pemán. No marco do Día Meteorolóxico Mundial, MeteoGalicia fai oficial a cesión deste "legado de valor patrimonial excepcional para o pobo galego", en verbas do conselleiro de Cultura, José López Campos. Os máis antigos datan de 1954 e están elaborados a man. Os máis recentes son da década dos anos 90 do século pasado, cando Pemán acadou enorme popularidade como home do tempo da Televisión de Galicia. O Goberno galego agradece a Pemán, "o home do tempo por excelencia" que "no seu día doase estes mapas a MeteoGalicia para, co tempo, converterse en auténticos tesouros. Na imaxe, o titular de Cultura e a súa homóloga de Medio Ambiente, no acto que fixo oficial a cesión, este venres na sede do Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, e Santiago Pemán durante a súa etapa na TVG [CC BY-SA Xunta / © CRTVG]
En marcha outra vez o proceso para declarar a cheminea da antiga centra térmica das Pontes como Ben de Interese Cultural (BIC). A Xunta publica este venres no DOG o inicio dun expediente que xa abordou en 2022, dous anos despois de que Endesa evidenciase que a ía derrubar tras pechar o complexo industrial, pero que caducou sen chegar a estar concluído. Na imaxe, [© Endesa], a central das Pontes cando aínda estaba en funcionamento.
O TSXG valida o plan reitor das Fragas do Eume aprobado pola Xunta. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita o recurso interposto polo Concello de Pontedeume contra o plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume. O alto tribunal destaca que o plan reitor "ten en conta o feito de tratarse dun espazo igualmente cualificado como integrante da Rede Natura 2000".
O PP facilita que volva estar permitido matar lobos en Galicia mediante unha emenda á lei de desperdicio alimentario. Os populares sacan adiante no Congreso canda Vox, Junts e PNV un precepto legal para retirar o lobo do Listado de Especies en Réxime de Protección especial no territorio ao norte do río Douro, no que foi inserido en 2021. A conselleira de Medio Ambiente, que acudiu ao Congreso para presenciar o debate, "aplaude" a medida e reclama ao Goberno de España que aplique decontado as reformas que correspondan para propiciar a caza do lobo. Na imaxe, Ángeles Vázquez con Miguel Tellado ante a sede da Cámara Baixa, este xoves en Madrid. [CC BY-SA Xunta]