Un incendio en Chandrexa de Queixa arrasou xa 80 hectáreas de terreo. O lume comezou o venres pola tarde na parroquia de Requeixo. Na última semana arderon máis de 350 hectáreas en Galicia, sobre todo no sur de Ourense.
Fálase
Verónica Boquete ficha polo Utah Royals, da Liga estadounidense de fútbol. A futbolista galega anuncia o seu novo destino xusto o día no que o Concello de Santiago celebrou o acto co que dá o seu nome ao estadio municipal de San Lázaro.
O Concello de Santiago celebra este venres ás 17.00 horas o acto co que dará o nome da futbolista Verónica Boquete ao estadio municipal de San Lázaro, decisión tomada por unanimidade de toda a Corporación.
O CIS mantén o PSOE como forza máis votada en eleccións xerais tras unha nova mudanza no método de estimación de voto. Os socialistas situaríanse uns 10 puntos por diante do PP e 11 por riba de Ciudadanos. Unidos Podemos e as súas confluencias serían a cuarta forza, cun 1,2% dos sufraxios para En Marea -en 2016 obtivo o 1,44%-.
A nova ministra da Muller, Familia e Dereitos Humanos do Brasil, Damares Alves, inicia mandato clamando "menino veste azul e menina veste rosa" como símbolo dunha "nova era" co Goberno do ultradereitista Bolsonaro.
Noite de xeadas e frío intenso en moitos puntos de Galicia, con ata -8 graos de temperatura en Verín ou -6 en Rozas ou Bóveda. (Imaxe: Meteogalicia).
De Heredeiros da Crus a Sabela de Operación Triunfo. Vinte repasa as cancións máis populares en Spotify nas sete cidades galegas no remate do pasado 2018. Hai uns anos, Sés, Ataque Escampe e tamén os Herdeiros eran os máis escoitados.
Persoal de Alcoa concentrouse ante San Caetano pedindo a "implicación" da Xunta para "impedir" o peche da factoría da Coruña anunciado pola multinacional. O prazo para evitar o inicio dos despedimentos conclúe este 15 de xaneiro.
Pablo Casado insta a non tratar os menores migrantes non acompañados só dende o ámbito "social" e abre a porta a devolvelos aos seus países de orixe, o cal non está permitido pola lexislación vixente. O líder do PP afirmouno en Melilla, onde volveu cargar contra o que cualifica como "buenismo" e afirmou que o Goberno de Sánchez fixo "unha foto" cos migrantes do Aquarius, o cal non sucedeu.
As inscricións nas oficinas de emprego galegas diminuíron en 1.074 en decembro ata as 169.295; son 15.718 menos que no remate de 2017. No entanto, no mesmo mes as afiliacións á Seguridade Social caeron en 3.764 e quedaron en 1.006.107, o que implica 20.659 máis que un ano antes. Consulta aquí toda a información